Abrir o menú principal

Eugenio Montero Villegas

político galego
(Redirixido desde "Eugenio Montero y Villegas")

Eugenio Montero Villegas, nado en Madrid en novembro de 1873 e finado o 9 de setembro de 1917, foi un político galego.

Eugenio Montero Villegas
Nacementonovembro de 1873
 Madrid
Falecemento9 de setembro de 1917
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
PaiEugenio Montero Ríos
CónxuxeJosefina Becerra Malvar
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de Eugenio Montero Ríos e Avelina Villegas Rubiños. Estudou Dereito en Madrid e licenciouse en Dereito Civil e Canónico. Como sucedeu co seu irmán Avelino, aos vinte e cinco anos, a familia situouno no distrito de Cambados, aproveitando que a finais de xuño de 1898 morreu o deputado deste distrito Antonio Díaz de Rábago. A partir das eleccións de 1899 e ata 1916 saíu elixido deputado por Muros en sete lexislaturas consecutivas. Foi director xeral de Agricultura (1906).

Casou con Josefina Becerra Malvar, filla de Manuel Becerra Armesto.

Véxase taménEditar