Eugenio Montejo

escritor venezolano

Eugenio Montejo, ás veces asinando co pseudónimo Eduardo Polo,[1] nado en Caracas o 19 de outubro de 1938 e finado en Valencia, Venezuela[2] o 5 de xuño de 2008, foi un poeta, ensaísta e asesor cultural venezuelano.

Infotaula de personaEugenio Montejo
Biografía
Nacemento19 de outubro de 1938 Editar o valor em Wikidata
Caracas, Venezuela Editar o valor em Wikidata
Morte5 de xuño de 2008 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Valencia, Venezuela Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeVenezuela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpoeta , escritor , escritor de literatura infantil Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
19 de xuño de 2002Manifesto Against the Death of the Spirit and the Earth (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm2215811 Editar o valor em Wikidata
Fábula del escriba de Eugenio Montejo

Traxectoria editar

Foi fundador da revista Azar Rey e cofundador da Revista de Poesía da Universidade de Carabobo. Foi investigador do Centro de Estudos Latinoamericanos "Rómulo Gallegos" de Caracas, e colaborador de gran número de revistas nacionais e estranxeiras. En 1998 recibiu o Premio Nacional de Literatura e en 2004 o Premio Internacional "Octavio Paz" de Poesía e Non Ficción. Un dos seus poemas está citado na película do director mexicano Alejandro González Iñárritu 21 gramos.[3]

Eugenio Montejo traballou en varias ocasións en Lisboa, na embaixada de Venezuela en Portugal, como conselleiro cultural.[4]

Poemas infantís editar

Publicou poemas para nenos co pseudónimo de Eduardo Polo. Entre estes traballos destaca Chamario, de 2003, da que algúns poemas foran anticipados noutros libros (como a antoloxía Poemas con sol y son, de 2001), pero na súa forma definitiva é un libro inseparable das ilustracións feitas por Arnal Ballester. A súa poesía para nenos ( chamos, de aí o título do libro) caracterízase pola súa ruptura coas convencións, como a rima, por exemplo, que respecta e destrúe ao mesmo tempo: “Un niño tonto y retonto / sobre un gran árbol se montó. / Con su pelo largo y rubio / hasta la copa se subió"; a experimentación lingüística con fins lúdicos: "La bici sigue la cleta / por una ave siempre nida / y una trom suena su peta... / ¡Qué canción tan perseguida!"; en xeral, a presenza de elementos absurdos, cando menos os espera o lector. Por exemplo, escribiuse sobre a súa obra: “Os seus poemas musicais, intelixentemente humorísticos, até parecer sinxelos pero cuxa composición revela talento poético e un gran dominio da linguaxe”.[5]

Obras poéticas editar

  • Elegos (1967)
  • Muerte y memoria (1972)
  • Algunas palabras (1977)
  • Terredad (1978)
  • Trópico absoluto (1982)
  • Alfabeto del mundo (1986)
  • Adiós al Siglo XX (1992)
  • Chamario (2003, para nenos)

Ensaio editar

  • La ventana oblicua (1974)
  • El taller blanco (1983)
  • El cuaderno de Blas Coll (1981)

Notas editar

  1. "Eduardo Polo". Ediciones Ekaré (en castelán). Consultado o 2023-01-09. 
  2. Jornalista, Poeta. "Poetícia: Faleceu poeta venezuelano Eugenio Montejo". Poetícia. Consultado o 2023-01-10. 
  3. "Eugenio Montejo". IMDb (en inglés). Consultado o 2023-01-10. 
  4. "Terredad". Fundación BBVA (en castelán). Consultado o 2023-01-10. 
  5. Luis Daniel González, Bienvenidos a la fiesta (en castelán)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar