Eugeni d'Ors
escritor español
(Redirección desde «Eugenio D'Ors»)
Eugeni d’Ors i Rovira, nado en Barcelona o 28 de setembro de 1881 e finado en Vilanova i la Geltrú o 25 de setembro de 1954, foi un escritor catalán.
Eugeni d'Ors | |
---|---|
Alcume | Xènius |
Nacemento | 18 de setembro de 1881 e 28 de setembro de 1881 |
Lugar de nacemento | Barcelona |
Falecemento | 26 de setembro de 1954 |
Lugar de falecemento | Vilanova i la Geltrú |
Soterrado | Cementiri de Vilafranca del Penedès |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Barcelona |
Ocupación | escritor, xornalista, filósofo, crítico de arte, catedrático, crítico literario e historiador da arte |
Cónxuxe | Maria Pérez Peix |
Fillos | Álvaro d'Ors e Víctor d'Ors |
Irmáns | Josep Enric d'Ors i Rovira |
Premios | Premio Ondas e Gran Cruz de Afonso X o Sabio |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Traxectoria Editar
Estudou dereito en Barcelona e doutorouse en Madrid en 1905. Dende 1906 colabora en La Veu de Catalunya co alcume de Xènius e encabezou o movemento do novecentismo catalán. Secretario do Institut d'Estudis Catalans en 1911. Nomeado director de Instrución Pública da Mancomunidade de Cataluña en 1917, dimite en 1920 tras a morte de Prat de la Riba por desavinzas coa nova dirección da Lliga Regionalista e en 1923 establécese en Madrid, onde en 1927 entra na Real Academia Española. En 1938 durante a Guerra civil española encargouse da Xefatura Nacional de Belas Artes do goberno de Burgos.
Obra Editar
En catalán Editar
- La fi d’Isidre Nonell, 1902 (narración)
- Gloses de quaresma, 1911
- La ben plantada, 1911
- Gualba la de mil veus, 1911
- Oceanografia del tedi, 1918
- La vall de Josafat, 1918
- Gloses de la vaga, 1919