Eugénio de Castro
Eugénio de Castro e Almeida, nado en Coímbra o 4 de marzo de 1869 e finado na mesma cidade o 17 de agosto de 1944, foi un poeta portugués.
Nome orixinal | (pt) Eugénio de Castro e Almeida |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 4 de marzo de 1869 Coímbra, Portugal |
Morte | 17 de agosto de 1944 (75 anos) Coímbra, Portugal |
Educación | Universidade de Coímbra |
Actividade | |
Ocupación | poeta, pedagogo, escritor |
Membro de | Academie Royale de Langue et de littérature Françaises (en) (1935–1945) Real Academia Galega (membro correspondente) (1905–1944) |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Traxectoria
editarAo redor de 1889 rematou o Curso Superior de Letras (en Lisboa), vindo máis tarde a ensinar na Facultade de Letras da Universidade de Coímbra. Nese mesmo ano fundou a revista Os Insubmissos con João Menezes e Francisco Bastos. Colaborou coa revista que fundou e coa revista Boémia nova, ambas seguidoras do Simbolismo francés. Tivo tamén colaboración en varias publicacións periódicas do século XIX, especialmente: A prensa[1] (1885-1891), Ave azul[2] (1899-1900), A semana de Lisboa (1893-1895), A lectura[3] (1894-1896), Branco e Negro (1896-1898); nas dúas series da Illustração Portuguesa[4]: Illustração Portuguesa(1884-1890) e Illustração portugueza[5] (iniciada en 1903), e aínda, en diversas revistas do Século XX, entre as cales a revista Serões[6] (1901-1911), Atlântida[7] (1915-1920), Contemporânea[8] (1915-1926), Revista de turismo iniciada en 1916, no periódico O Azeitonense (1919-1920) e na revista Ilustração (iniciada en 1926).[9][10][11][12][13] En 1890 entrou para a historia da literatura portuguesa co lanzamento do libro de poemas Oaristos, marco inicial do Simbolismo en Portugal.
Obra
editarA obra de Eugénio de Castro pode ser dividida en dúas fases: na primeira, a fase simbolista, que corresponde á súa produción poética até o fin do século XIX, Eugénio de Castro presenta algunhas características da Escola Simbolista, como o uso de rimas novas e raras, novas métricas, sinestesias, aliteracións e vocabulario máis rico e musical.
Na segunda fase ou neoclásica, que corresponde aos poemas escritos xa o século XX, vemos un poeta volto á Antiguidade Clásica e ao pasado portugués, revelando un correcto saudosismo, característico das primeiras décadas do século XX en Portugal.
Vida persoal
editarCasou o 22 de maio de 1898 con Brígida Augusta Correia Portal, e dese casamento naceron seis fillos.
Recoñecementos
editarFoi homenaxeado en Coímbra a través da asignación do seu nome a unha escola da cidade - a Agrupación de Escolas Eugénio de Castro. O 11 de abril de 1939, foi agraciado co grao de Grã-Cruz da Orde Militar de Sant'Iago da Espada.[14] En 1949 o Concello de Lisboa homenaxeou o escritor dándolle o seu nome a unha rúa xunto á Avenida da Igrexa, en Alvalade.[15]
Obras
editar- Cristalizações da Morte (1884)
- Canções de Abril (1884)
- Jesus de Nazareth (1885)
- Per Umbram (1887)
- Horas Tristes (1888)
- Oaristos (1890)
- Horas (1891)
- Sylva (1894)
- Interlúnio (1894)
- Belkiss (1894)
- Tirésias (1895)
- Sagramor (1895)
- Salomé e Outros Poemas (1896)
- A Nereide de Harlém (1896)
- O Rei Galaor (1897)
- Saudades do Céu (1899)
- Constança (1900)
- Depois da Ceifa (1901)
- A Sombra do Quadrante (1906)
- O Anel de Polícrates (1907)
- A Fonte do Sátiro (1908),
- O Cavaleiro das Mãos Irresistíveis (1916)
- Camafeus Romanos (1921)
- Tentação de São Macário (1922)
- Canções desta Negra Vida (1922)
- Cravos de Papel (1922)
- A mantilha de Medronhos (1923)
- A Caixinha das Cem Conchas (1923)
- Descendo a Encosta (1924)
- Chamas duma Candeia Velha (1925)
- Éclogas (1929)
- Últimos Versos (1938)
Notas
editar- ↑ "A imprensa : revista científica, literária e artística (1885-1891) cópia digital, Hemeroteca Digital". hemerotecadigital (en portugués).
- ↑ Correia, Rita (26 de Março de 2011). "Ficha histórica: Ave azul : revista de arte e critica (1899-1900)" (PDF). hemerotecadigital (en portugués).
- ↑ "A Leitura: magazine litterario (1894-1896) cópia digital, Hemeroteca Digital". hemerotecadigital (en portugués).
- ↑ Correia, Rita. "Ficha histórica: Ilustração Portuguesa (1884-1890)" (PDF). hemerotecadigital (en portugués).
- ↑ "Illustração portugueza (1903-1980). Copia dixital, Hemeroteca Digital". hemerotecadigital (en portugués).
- ↑ Correia, Rita (24 de Abril de 2012). "Ficha histórica: Serões, Revista Mensal Ilustrada (1901-1911)." (PDF). hemerotecadigital (en portugués).
- ↑ Correia, Rita (19 de Fevereiro de 2008). "Ficha histórica: Atlantida: mensário artístico, literário e social para Portugal e Brasil" (PDF). hemerotecadigital (en portugués).
- ↑ "Contemporânea (1915-1926). Copia dixital, Hemeroteca Digital". hemerotecadigital (en portugués).
- ↑ Matos, Álvaro de (29 de abril de 2010). "Ficha histórica: A semana de Lisboa : supplemento do Jornal do Commercio" (PDF). hemerotecadigital (en portugués).
- ↑ Correia, Rita (1 de Febreiro de 2012). "Ficha histórica: Branco e Negro: semanario illustrado (1896-1898)" (PDF). hemerotecadigital (en portugués).
- ↑ Mangorrinha, Jorge (16 de xaneiro de 2012). "Ficha histórica:Revista de Turismo: publicação quinzenal de turismo, propaganda, viagens, navegação, arte e literatura (1916-1924)" (PDF). hemerotecadigital (en portugués).
- ↑ Mangorrinha, Jorge (1 de abril de 2016). "Ficha histórica:O Azeitonense: orgão independente defensor dos interesses de Azeitão (1919-1920)" (PDF). hemerotecadigital (en portugués).
- ↑ Correia, Rita (16 de xuño de 2009). "Ficha histórica: Ilustração (1926-)" (PDF). hemerotecadigital (en portugués).
- ↑ "Cidadãos Nacionais Agraciados com Ordens Portuguesas". ordens.presidencia.pt (en portugués). Resultado da busca de "Eugénio de Castro Almeida".
- ↑ "Toponímia de Lisboa". www.facebook.com. Consultado o 2020-02-09.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Albano Martins, Júlio Resende (1987). Antologia de Eugénio de Castro.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eugénio de Castro |