Aethelthryth

Santa anglosaxoa, abadesa de Ely
(Redirección desde «Eteldreda de Ely»)

Æthelthryth ou Æðoþryð (Exning, Suffolk, c. 636 – Ely, 23 de xuño de 679) é o verdadeiro nome da popular santa anglosaxoa Etheldreda (Audrey e demais variantes), habitualmente coñecida en contextos relixiosos. Foi unha princesa de Anglia Oriental, raíña de Fens e abadesa de Ely no condado inglés de Cambridgeshire.

Aethelthryth
Nacemento636
Lugar de nacementoExning
Falecemento23 de xuño de 679 e 679
Lugar de falecementoEly
SoterradaCatedral de Ely
NacionalidadeReino de Anglia Oriental, Reino de Deira e Reino de Nortumbria
Ocupaciónmonxa
PaiAnna de Anglia Oriental
CónxuxeTondberct e Ecgfrith de Northumbria
IrmánsJurmin, Æthelburh of Faremoutiers, Wihtburh, Seaxburh de Ely e Sæthryth
Na rede
Find a Grave: 16346195 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Vida editar

Æthelthryth naceu probablemente en Exning, preto de Newmarket en Suffolk. Foi unha das catro fillas do rei Anna de Estanglia (morto c. 653), todas elas fundadoras de abadías.

Æthelthryth casou por primeira vez (c. 652) con Tondberct, príncipe dos Gyrwe meridionais ou "fenmen" (gyr, inglés antigo para "fen", "terreo" en español) (f. 655). Porén, conseguiu convencer ao seu marido para manter o voto de virxindade perpetua que realizara previo ao matrimonio. Á súa morte en 655, Æthelthryth retirouse á illa de Ely, que lle foi outorgada en morgengabe por Tondberct.

Æthelthryth volveu casar en 660, esta vez con Ecgfrith, rei de Northumbria, por razóns políticas. Pouco despois do ascenso de Ecgfrith ao trono no ano 670, Æthelthryth fíxose monxa. Este feito posibelmente fose o causante da disputa de Ecgfrith con Wilfrid, arcebispo de York. Dise que a pesar de que Ecgfrith inicialmente consentiu que Æthelthryth mantivese a súa virxindade, cara ao ano 672 quixo consumar o seu matrimonio e mesmo tentou subornar a Wilfrid para que este usase a súa influencia sobre a raíña a tal propósito. Fracasando no seu intento, o rei tentou que a raíña deixase a súa clausura pola forza. Æthelthryth fuxiu de Ely con dúas monxas leais e conseguiu evadir a súa captura grazas, en parte, á milagrosa subida da marea. Algunhas versións da lenda relatan que interrompeu a súa fuxida en "Stow" e refuxiouse baixo unha milagrosa árbore que creceu do seu bastón plantado na terra. "Stow" chegou a coñecerse como "Stow de Santa Etheldreda" cando se erixiu unha igrexa para conmemorar este feito. (É probábel que se refira a outro "Stow", preto de Threekingham). Ecgfrith casou posteriormente con outra muller, Eormenburg, e expulsou a Wilfrid do seu reino en 678[1][2]. Segundo a Crónica Anglosaxoa, Æthelthryth fundou o mosteiro en Ely en 673, que quedaría destruído durante a invasión danesa de 870.

Legado editar

Bede conta como, tras a súa morte, os restos de Æthelthryth foron desenterrados pola súa irmá e sucesora, a abadesa Sexburga de Ely, e enterrada nun cadaleito de mármore branco de Cambrigde. Dita irmá, a sobriña de Æthelthryth e a súa sobriña neta, todas princesas e dúas delas raíñas viúvas (de Kent e Mercia), sucedérona como abadesas de Ely. En Ely Place, Holborn, Londres, existe unha Igrexa de Santa Etheldreda, dedicada a ela. Orixinalmente era parte do palacio dos bispos de Ely. Tras a reforma anglicana, o palacio foi empregado polos embaixadores españois, permitindo que continuase o culto católico na igrexa.

A versión popular do nome de Æthelthryth foi Santa Awdrey, orixe da palabra inglesa tawdry ("charramangueira" en galego). Os seus devotos levaban modestos adornos de encaixe na feira anual celebrada no seu nome en Ely. A medida que os anos pasaron, estes adornos empezaron a ser vistos como antigos e de pouca calidade, especialmente no século XVII, cando os puritanos ingleses comezaron a renegar de calquera tipo de roupa de encaixe[3].

O himno 'Aethelthryth' por Beda.[4]

Notas editar

  1. La catedral de Stow contiene una vidriera que reproduce este suceso.
  2. "Stow Minster: History". Stow Minster. Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2010. Consultado o 31 de xaneiro de 2018. 
  3. Portrait of the Quantocks. Robert Hale. 1963. ISBN 0709111584. 
  4. Beda apunta que escribiu este himno na Historia eclesiástica, IV, 20. Citado en Stephen, Leslie, ed. (1889). "Etheldreda". Dictionary of National Biography, 1885-1900 (en inglés). 18 (Esdaile - Finan). Elder Smith & Co. p. 20. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar