Estrada de Clara Campoamor
vía urbana en Vigo
A estrada de Clara Campoamor é unha gran vía semiurbana viguesa de 8,4 quilómetros de lonxitude que conecta a avenida de Castrelos co campus universitario da Universidade de Vigo.[1] Con dous carrís por sentido, é unha das principais vías de comunicación entre a zona sur de Vigo e diferentes puntos periféricos como a xa mencionada universidade, o hospital Álvaro Cunqueiro ou o polígono industrial de Valadares, entre outras infraestruturas.[2] Tras a avenida de Ricardo Mella, é o segundo vial máis longo da cidade.[3]
Estrada de Clara Campoamor | |
---|---|
Tipoloxía | Estrada, avenida (nalgúns tramos) |
Dimensións | |
Lonxitude | 8.4 km |
Localización | |
Inicio | Avenida de Castrelos |
Fin | Campus Universitario de Vigo |
Localidade | Vigo |
Recibe o seu nome da sufraxista e política española Clara Campoamor.
Notas
editar- ↑ "O vial do campus xa é a Estrada de Clara Campoamor.". Faro de Vigo. Consultado o 10 de xullo de 2024.
- ↑ "Localización e contacto do Hospital Álvaro Cunqueiro.". SERGAS.
- ↑ Antomil, Daniel. "As rúas máis longas de Vigo.". Vigo360. Consultado o 10 de xullo de 2024.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Plan Especial de Protección do Ensanche e a Cidade Central Concello de Vigo, 2007.