O estilo directo é unha modalidade técnica ou narrativa que supón a reprodución textual das palabras dun falante con indicacións tipográficas e lingüísticas do que se vai producir (verbos introdutores, uso de dous puntos, guión ou comiñas, uso de primeiras e segundas persoas, de presentes, futuros...).

Exemplos editar

Logo, cambiando de tema:
-Pero ¿vostede pedíame algo? ¿Que era pois? Xa non me lembro.
-¿Eu? Nada..., nada... -repetía Emma.
E a súa mirada, que dirixía ao arredor, pousou devagar sobre o vello de sotana. Os dous mirábanse, cara a cara, sen falar.
A Nicasia chamoulle marrán, meteulle os puños pechados polos ollos, pola boca, polo estómago, deulle couces, e díxolle:
-¿Quen es ti, vamos a ver, quen es ti, para me calares os teus menexos con ese aproveitado lampantín? ¿Quen es ti, que se non chegas casar comigo estabas arestora lambendo os sabañóns tralo mostrador? ¡Quen te fixo "caballero", se non foron os cartiños de meu pai, sinvergonza! Parvo, máis que parvo; e aínda lle querías pagar as eleccións. ¡Cos cartos de quen, lapón, lobishome! ¡Heiche esmagar o fuciño, larpeiro!

Véxase tamén editar


 
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.