Estilo Directorio

O estilo Directorio foi un período das artes decorativas, da moda e, especialmente, do deseño de mobles en Francia, paralelo ao Directorio, na última parte da Revolución Francesa. É un estilo de transición entre estilo Lois XVI e o estilo Imperio.

Pintura de Madame Récamier, autor: Jacques-Louis David, 1800

O estilo Directorio foi establecido principalmente polos arquitectos e deseñadores Charles Percier (17641838) e Pier François Léonard Fontaine (17621853). No seu uso da forma arquitectónica e motivos decorativos neoclásicos o estilo anticipa o estilo Imperio, un pouco máis tardío e máis elaborado, que foi introducido despois de que Napoleón establecese o Primeiro Imperio Francés.

O estilo Directorio reflectiu a crenza revolucionaria nos valores da Roma republicana:

"As virtudes estoicas da Roma republicana mantivéronse como estándares non só para as artes senón tamén para o comportamento político e a moral privada. Os convencionais víronse a si mesmos como heroes antigos. Os nenos levaban o nome de Bruto, Solón e Licurgo. As festas da Revolución foron organizadas por Jacques-Louis David como rituais antigos. Mesmo as cadeiras nas que se sentaba o comité da Salut Publique facíanse sobre modelos antigos ideados por David.... De feito o neoclasicismo púxose de moda".[1]

Notas editar

  1. Honour, Hugh (1991). Style And Civilization: Neo-Classicism. Penguin. ISBN 978-0140137606.