Estevo Uroš III Dečanski
Estevo VII Uroš III Dečanski Nemanjić, Estevo Uroš III Dečanski ou Stefan Uroš III Dečanski, (en serbio latino Stefan Uroš III Dečanski, en serbio cirílico, Стефан Урош Дечански III), nado contra 1285 e finado o 11 de novembro de 1331, foi rei de Serbia de 1321 até o 8 de setembro de 1331.
Estevo Uroš III Dečanski Стефан Урош Дечански III Stefan Uroš III Dečanski | |
---|---|
Rei de Serbia | |
![]() | |
Reinado | 1321 - 1331 |
Nome completo | Uroš Nemanjić |
Nacemento | ca. 1285 |
Falecemento | 11 de novembro de 1331 |
Predecesor | Estevo Uroš II Milutin |
Sucesor | Estevo Uroš IV Dušan |
Cónxuxe/s | Teodora Smilets de Bulgaria María Paleologina |
Descendencia | Uroš Dušan Simeon Uroš Elena |
Proxenitores | Uroš Milutin Ana de Bulgaria |
Na rede | |
![]() | |
Tomou o seu nome, Dečanski, do gran Monsteiro de Visoki Dečani que construíu en Kosovo, e foi canonizado pouco despois da súa morte.[1]
VidaEditar
Era fillo do rei Estevo Uroš II Milutin e Ana de Bulgaria. Os seus avós maternos eran Xurxo I de Bulgaria e María, irmá de Iván Asen III de Bulgaria.
Sendo aínda mozo foi enviado polo seu pai ás ordes do xeneral Nogai Khan, do Imperio da Horda de Ouro, e ao seu regreso encargouno do goberno do Principado de Zeta (aproximadamente o actual Montenegro).
Casou en primeiras nupcias con Teodora, filla de Smilets de Bulgaria e, posteriormente, coa princesa bizantina María Paleologina.
ReinadoEditar
Segundo a lenda, en 1314 seu pai, despois dunha pelexa de Uroš, enviouno a Constantinopla para que o cegaran, pero conseguiu recupera a visión.[2]
En 1320 se lle permitiu regresar a Serbia e tivo que derrotar a varios pretendentes ao trono antes de ser coroado en 1321.
Entre eles estaba o seu medio irmán Stefan Constantino, a quen derrotou e matou en 1322, e o seu curmán Ladislau, a quen tamén derrotou e exiliou en 1324.
Os pretendentes buscaran apoio no exterior, e Uroš tivo que facer fronte a unha alianza de Bulgaria e o Imperio bizantino.
O emperador búlgaro Miguel III Shishman, da dinastía Asen, divorciouse de Ana, irmá de Uroš, e casou coa princesa bizantina Teodora Paleologina. A súa intención era unir as súas forzas para unha grande invasión de Serbia en 1330. Isto levou ao acontecemento máis importante do reinado de Uroš III, a Batalla de Velbazhd, na que derrotou aos búlgaros e morreu o seu emperador Miguel III.
Tras a derrota do seu aliado, o emperador bizantino Andrónico III Paleólogo optou por retirarse, dirixíndose cara obxectivos máis sinxelos.
As conquistas de Uroš III permitíronlle estender as fronteiras de Serbia cara ao sur, cara a Macedonia bizantina. Algúns dos seus cortesáns, porén, estaban descontentos coa súa política e conspiraron para destronalo en favor do seu fillo Dušan. Así, pasou os últimos días da súa vida no castelo de Zvecan, onde morreu, posibelmente asasinado, en 1331.[3]
Foi un gobernante moi relixioso e, en 1327, doou unha valiosa icona para a Basílica de San Nicolás, en Bari.[4] e a Igrexa ortodoxa serbia canonizouno. Os seus restos mortais permanecen na igrexa do Monsteiro de Visoki Dečani, que fixo construír en Kosovo. Como santo, conmemórase o 24 de novembro.
Predecesor: Estevo Uroš II Milutin |
Rei de Serbia 1321 – 1331 |
Sucesor: Estevo Uroš IV Dušan Emperador de Serbia |
NotasEditar
- ↑ Spsko Blago. King Stefan Decanski.[Ligazón morta]
- ↑ Merriam-Webster, Inc. Merriam-Webster's collegiate encyclopedia.
- ↑ Sedlar, Jean W., East Central Europe in the Middle Ages, 1000-1500, University of Washington Press, 1996, páx. 53.
- ↑ Centro Studi Nicolaiani. The Basilica of St. Nicholas in Bari. Arquivado 18 de xuño de 2010 en Wayback Machine.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estevo Uroš III Dečanski |