Estevo Uroš I
Estevo IV Uroš I Nemanjić, Estevo Uroš I ou Stefan Uroš I (en serbio latino Stefan Uroš I, en serbio cirílico Стефан Урош I), nado contra 1223 e finado o 1 de maio de 1277, foi rei de Serbia desde 1243 até 1276[1], sucedendo ao seu irmán Estevo Vladislav.
Nome orixinal | (sr) Стефан Урош I |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1220 (Gregoriano) valor descoñecido |
Morte | 1 de maio de 1277 (56/57 anos) Mosteiro de Sopoćani, Serbia |
Lugar de sepultura | Mosteiro de Sopoćani 43°07′05″N 20°22′26″L / 43.1181, 20.3739 |
Relixión | Igrexa ortodoxa serbia |
Actividade | |
Campo de traballo | Goberno, política e monkish life (en) |
Ocupación | gobernante, Eastern Orthodox monk (en) |
Carreira militar | |
Conflito | Q16081607 |
Familia | |
Familia | Casa de Nemanjić |
Cónxuxe | Helena de Anjou |
Fillos | Q85999528, Brnjača, Estevo Dragutin, Estevo Uroš II Milutin |
Pais | Estevo Nemanjić e Anna Dandolo |
Irmáns | Komnena Nemanjić Estevo Vladislav I Sava II de Serbia Estevo Radoslav |
Atribúeselle a construción do Mosteiro de Sopoćani, declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO[2].
Seguindo a tradición da Dinastía Nemanjić, otourgouse o título de Stefan.
Traxectoria
editarUroš I era o fillo máis novo de Estevo II Nemanjić Prvovenčani (o Primeiro Coroado) e Ana Dandolo, a neta de Enrico Dandolo, dux de Venecia.
Na primavera de 1243 os serbios rebeláronse contra o rei Estevo Vladislav I, que foi derrocado e substituído polo seu irmán máis novo Estevo Uroš I. Pese a iso, crese que Uroš mantivo boa relación co seu irmán, e que lle permitiu gobernar o Principado de Zeta ou, en calquera caso, non o apartou completamente dun papel activo no goberno[3].
O reinado de Uroš coincidiu co declive de dous dos rivais principais de Serbia nos Balcáns, o Despotado de Epiro e o Segundo Imperio búlgaro. Isto fixo que Serbia se convertera nunha influente potencia na zona, axudada por un importante desenvolvemento económico.
Un dos principais motivos deste crecemento foi a explotación das minas de prata de Brskovo e Rudnik, en gran parte levada a cabo por mineiros saxóns de Hungría[4], que gozaban de certo nivel de autogoberno e liberdade de culto.
Uroš emprendeu durante o seu reinado varias accións militares contra os estados veciños. En 1252-1253 enfrontouse a Ragusa e, pouco despois, o seu intento de facer valer a súa autoridade sobre Zahumlia conduciu ao príncipe local a unha alianza cos húngaros, converténdose no seu vasalo para buscar protección. Tamén Ragusa fixo valer a súa alianza cos búlgaros, que invadiron o territorio serbio en 1254. Finalmente, Uroš I alcanzou varios acordos por separado para manter a paz cos seus veciños.
Durante a segunda metade da década de 1260 estalou unha nova guerra con Ragusa, que concluíu cun tratado, asinado en 1268, segundo o cal Serbia ofrecía a súa protección aos ragusanos a cambio de compensacións económicas. Este acordo mantívose en vigor durante todo o século seguinte.
Nese mesmo ano, o rei serbio invadiu as posesións de Hungría ao sur do Danubio en Mačva, no que hoxe é o norte de Serbia. A pesar dalgúns éxitos iniciais, Uroš I foi capturado polos húngaros e obrigado a comprar a súa liberdade. Ambos os reinos asinaron un tratado de paz, e o fillo de Uroš, Dragutin, casou con Catarina, a filla do futuro rei Estevo V de Hungría[5].
Ao final do seu reinado, Uroš suprimiu a autonomía de Zahumlia, retirando o título aos príncipes locais. Ademais, as súas discrepancias co seu fillo máis vello, Dragutin, levárono a considerar ao seu outro fillo, Milutin, como seu herdeiro, pese a que se comprometera cos húngaros a que o herdeiro fose Dragutin[5]. Anoxado por isto, Dragutin exixiu ao seu pai que o asociase ao trono en 1276. Cando Uroš I se negou, Dragutin rebelouse e, coa axuda do rei de Hungría e de mercenarios cumanos, derrotou ao seu pai nunha batalla librada cerca de Gacko[6]. Estevo Uroš I viuse obrigado a abdicar e retirouse ao Mosteiro de Sopoćani, que edificara en Ras (cerca da moderna Novi Pazar), onde morreu en 1277.
Descendencia
editarCoa súa esposa Helena de Anjou, princesa anxevina ou unha filla do emperador Latino de Constantinopla, Estevo Uroš tivo polo menos tres fillos:
- Estevo Dragutin, que o sucedeu como rei.
- Estevo Uroš II Milutin, que o sucedeu como rei en 1282.
- Brnjača, unha filla.
Predecesor: Estevo Vladislav |
Rey de Serbia 1243 – 1276 |
Sucesor: Estevo Dragutin |
Notas
editar- ↑ Mitchell, Laurence. Bradt Travel Guide Serbia. Bradt Travel Guides, 2007. ISBN 978-1-84162-203-3, páx. 39
- ↑ Ćirković, páx. 58
- ↑ Foundation for Medieval Genealogy. Serbia (en inglés) Consultada o 8/2/2012.
- ↑ Petrović, Petar & Đurđekanović, Slađana (1995): Ancient mining and metallurgy in southeast Europe. Belgrado: Arheološki Institut, páx. 243
- ↑ 5,0 5,1 Ćirković, páx. 48
- ↑ Ćirković, páx. 49
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estevo Uroš I |
Bibliografía
editar- Ćirković, Sima M. (2004): The Serbs. Blackwell Publishing Ltd. ISBN 0-631-20471-7
- Fine, John V. A. (1994): The late medieval Balkans: a critical survey from the late twelfth century to the Ottoman Conquest. University of Michigan Press. Ann Arbor, Mich. ISBN 0-472-08260-4