Para o político esloveno de nome Dragutin, véxase Dragutin Mate.

Estevo V Dragutin, Estevo Dragutin ou Stefan Dragutin (en serbio latino Stefan Dragutin, en serbio cirílico Стефан Драгутин), falecido en 1316, foi rei de Serbia desde 1276 até 1282, e de Sirmia de 1282 a 1316.

Modelo:BiografíaEstevo Dragutin

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1253 Editar o valor en Wikidata
Morte12 de marzo de 1316 Editar o valor en Wikidata (62/63 anos)
Lugar de sepulturaMosteiro de pilares de São Jorge (pt) Traducir 43°09′56″N 20°29′38″L / 43.1656, 20.4939 Editar o valor en Wikidata
Rei Realm of Stefan Dragutin (en) Traducir
1282 – 1316
← sen valor – Estevo Ladislau II de Serbia →
Rei Reino de Serbia
1276 – 1282
← Estevo Uroš IEstevo Uroš II Milutin → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa ortodoxa serbia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Outro
TítuloRei Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Nemanjić Editar o valor en Wikidata
CónxuxeCatarina da Hungria, Rainha da Sérvia Editar o valor en Wikidata
FillosIsabel Nemanjić, Estevo Ladislau II de Serbia, Urošica Editar o valor en Wikidata
PaisEstevo Uroš I Editar o valor en Wikidata  e Helena de Anjou Editar o valor en Wikidata
IrmánsEstevo Uroš II Milutin
Q85999528
Brnjača Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Enciclopedia de Otto Editar o valor en Wikidata
Find a Grave: 9428290 Editar o valor en Wikidata

Dragutin foi o fillo máis vello de Estevo Uroš I e Helena de Anjou.

Casou con Catarina de Hungría, filla do rei Estevo V.

Foi o líder hungarófilo da política serbia, polo que entrou en conflito co seu pai, a quen lle usurpou o trono en 1276 con axuda húngara.

Comezou o seu reinado cun ataque ao Imperio Bizantino, ataque que non prosperou.

 
Moeda de prata de Dragutin.

En 1282 enfermou despois de romper unha perna cazando, e pasou o trono ao seu irmán máis novo Milutin, reservándose algunhas zonas setentrionais (Sirmia).

Desde o matrimonio do seu fillo cunha parente do rei de Hungría Ladislau V, en 1284, Dragutin recibiu do rei húngaro zonas de Mesia e Belgrado, así como as rexións zonas bosníacas de Soli e Usora, que gobernou até a súa morte, en 1316, establecendo relaciós co ban bosníaco Estevo I Kotromanić.

O seu novo estado chamouse Reino de Sirmia.

A súa primeira capital foi Debrc (situada entre Belgrado e Šabac), cambiando logo a residencia a Belgrado, sendo o primeiro dirixente serbio en facelo.

 
Reino de Sirmia.

Naquel momento o nome de Sirmia correspondía aos territorios da Alta Sirmia (actual Sirmia) e a Baixa Sirmia (actual Mesia), sendo a segunda a que se encontraba baixo o dominio de Estevo Dragutin. Aínda que algunhas fontes históricas indican que gobernou tamén na primeira, e en Eslavonia, non hai unanimidade ao respecto.

A finais do século XIII Dragutin agregou Braničevo e Kučevo aos seus territorios.

Entrou en conflito co seu irmán Milutin cando este quixo reforzar os lazos co Imperio bizantino, polo que non traspasaría o trono ao seu fillo Ladislau, como se acordara. A intervención do clero en 1313 axudou a calmar o conflito.

Ao final da súa vida afastose dos seus amigos de Hungría, reforzando os lazos con Serbia.

Despois fíxose monxe e cambiou o seu nome polo de Teoktist. Morreu en 1316, sendo enterrado no mosteiro de Djurdjevi Stupovi, cerca de Novi Pazar.

Tras a súa morte, o seu fillo Vladislav foi o novo monarca do reino de Sirmia.

Descendencia

editar
 
Igrexa de Santo Aquiles.

Froito do seu matrimonio, contra 1268, con Catarina de Hungría, filla de Estevo V de Hungría e Isabel a Cumana foron tres fillos:[1][2]

  1. Ladislau II, rei de Sirmia (1316–1325)
  2. Isabel de Serbia, que casou en 1284 con Estevo I, Ban de Bosnia, sendo a nai do ban Estevo II.
  3. Urošic (Урошиц), que morreu sendo monxe.

Legado

editar

O seu legado comprende algúns mosteiros, entre os que destaca o de Mala Remeta en Fruška Gora, a Igrexa de Santo Aquiles, cerca de Arilje e o citado Djurdjevi stupovi coa Igrexa de San Xurxo, en Ras (actual Novi Pazar).

Predecesor:
Estevo Uroš I
Rei de Serbia
12761282
Sucesor:
Estevo Uroš II Milutin
  1. FMG/Reis de Serbia
  2. "Euweb/Os Nemanjić". Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2008. Consultado o 08 de febreiro de 2012. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Ćirković, Sima M. (2004): The Serbs. Blackwell Publishing Ltd. ISBN 0-631-20471-7
  • Fine, John V. A. (1994): The late medieval Balkans: a critical survey from the late twelfth century to the Ottoman Conquest. University of Michigan Press. Ann Arbor, Mich. ISBN 0-472-08260-4

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar