Sava II de Serbia

San Sava II, en serbio cirílico Свети Сава II, en serbio latino Sveti Sava, nacido en 1201 como Предислав Немањић, Predislav Nemanjić e finado en 1271, foi un príncipe serbio, o terceiro arcebispo do seu país e patriarca da Igrexa Serbia desde 1263 até a súa moirte en 1271.

San Sava II
Свети Сава II
Sveti Sava II
Arcebispo de Serbia
Metropolita de Peć
Patriarca de Serbia (1263–1271)
Loza Nemanjica Decani e 5.jpg
Pintura mural de Sant Sava en Visoki Dečani

Nome completoПредислав Немањић,
Predislav Nemanjić
Nome en relixión Сава (Sava)
Nacemento1201
Falecemento1271
PredecesorArsenije I
SucesorDanilo I
ProxenitoresEstevo II Nemanjić
Eudoxia Anxelina
(en grego Ευδοκία Αγγελίνα),
(en serbio Evdokija)

Era fillo do rei Stefan II Nemanjić e de Eudoxia Anxelina, filla do emperador bizantino Aleixo III Anxo. Os seus irmáns foron Stefan Radoslav e Stefan Vladislav I, e Comnena Nemanjić. Era, por tanto, sobriño de San Sava (Sava I).

Bautizado como Predislav Nemanjić, moi mozo fíxose monxe, retirándose a facer vida eremítica, imitando ao seu tío, e tamén tomando o seu nome eclesiástico, Sava.

En 1263, á morte do patriarca Arsenio I (Arsenije I), foi nomeado metropolita de Peć e terceiro arcebispo da Igrexa Ortodoxa Serbia.

Foi canonizado pola Igrexa Serbia, que celebra a súa festa litúrxica o 21 de febreiro.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.