Estevo I de Borgoña
Estevo de Borgoña, chamado o Atrevido ou o Temerario (en francés: Étienne Ier de Bourgogne dit "Tête Hardie") nado en 1065 e finado en Ramla o 18 de maio de 1102, conde de Mâcon, de Vienne e tamén de Borgoña.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1065 (Gregoriano) valor descoñecido |
Morte | 27 de maio de 1102 (36/37 anos) Ramla (pt) |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata |
Outro | |
Título | Conde Conde de Borgoña |
Familia | Anscáridas (pt) |
Cónxuxe | Beatriz da Lorena |
Fillos | Reinaldo III da Borgonha (pt) , Marguerite de Bourgogne (en) , Guilherme IV de Borgonha (pt) , Elisabeth de Bourgogne (en) |
Pais | Guillerme I de Borgoña e Estefanía de Borgoña |
Irmáns | Sibila de Borgoña, Clemencia de Borgoña, Xisela de Borgoña, Calisto II, Reinaldo II, Conde da Borgonha (pt) , Raimundo de Borgoña e Ermentrud of Burgundy (en) |
Orixes
editarNaceu en 1065 nunha familia con moito poder e influencia. Era fillo do conde Guillerme I de Borgoña e de Estefanía de Longwy-Metz, e irmán de Rexinaldo II de Borgoña (ca. 1062-1107), e de Guido de Borgoña (1050-1124), o futuro papa Calisto II.
Traxectoria
editarEn 1087, trala morte do seu pai, sucedeuno no título de conde de Mâcon, xunto co seu irmán Rexinaldo II.
Ó morrer a súa nai en 1088, recibiu o título de conde de Vienne. No mesmo ano, o seu irmán, Guido de Borgoña (ca. 1060-1124), quen máis tarde será elixido Papa co nome de Calisto II en 1119, converteuse en bispo de Vienne.
En 1097, tras a morte do seu irmán, Rexinaldo II durante a Primeira Cruzada (1096-1099), foi o único titular do condado de Macon e sucedeuno no goberno do condado de Borgoña, que o seu irmán lle entregou en consigna para ir á cruzada en 1096.
Estevo participou na Cruzada de 1101, en maio chegou a Nicomedia e interveu na primeira conquista de Ancara, o 23 de xuño, e, finalmente, ante o desastre da batalla de Mersivan, onde logrou escapar miserablemente con Raimundo IV de Tolosa e Estevo II de Blois, fuxiu a Sinope e regresou en barco até Constantinopla.
Baixo o mando de Raimundo, Estevo chegou a Antioquía ó final dese mesmo ano e logo tomou parte na conquista de Tartus coa axuda da frota xenovesa, logrando chegar a Xerusalén na Pascua de 1102, onde permaneceu para defender a cidade do ataque do visir exipcio Al-Afdal Shahanshah ó recentemente nado Reino de Xerusalén.
Morreu na segunda batalla de Ramla de 1102 ós 37 anos. Foi sucedido polo seu fillo Rexinaldo, nos condados de Vienne e Macon, mentres que o duque de Borgoña foi o seu sobriño, Guillerme II de Borgoña (1075-1125), que tamén gobernou o ducado de Macon en nome do seu primo Rexinaldo.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- William B. Stevenson, "La prima crociata", cap. XX, vol. IV (La reforma de la iglesia y la lucha entre los papas y los emperadores) della Storia del Mondo Medievale, 1999, pp. 718–756.
- Paul Fournier, "Il regno di Borgogna o d'Arles dal XI al XV secolo", cap. XI, vol. VII (El otoño de la Edad Media y el nacimiento del mundo moderno) della Storia del Mondo Medievale, 1999, pp. 383–410.