Estación de montaña Manzaneda
A estación de montaña de Manzaneda, tamén coñecida como Cabeza de Manzaneda é unha estación de esquí e montaña turístico-deportiva situada no Macizo Galaico, entre os concellos de Manzaneda e A Pobra de Trives.
Tipo | Estación de esquí ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Manzaneda, España e A Pobra de Trives, España ![]() | |||
| ||||
Cordilleira | Macizo Galaico ![]() | |||
Características | ||||
Altitude | punto máis baixo: 1.500 m punto máis alto: 1.776 m ![]() | |||
Estación de esquí | ||||
Remonte | ||||
Pista de esquí alpino | (16,75 km) ![]() 1 13 8 1 ![]() | |||
Pista de esquí de fondo | (5 km) ![]() | |||
Sitio web | manzaneda.com ![]() | |||
Descrición
editarÉ unha das estacións de esquí máis occidentais de Europa. Está orientada ao goce dun esquí familiar e tranquilo. Neste centro de lecer, arrodeado dunha paisaxe de montes arborados, destaca a diversidade de actividades que se poden realizar, tanto no inverno coma no verán.
Servizos
editarInverno
editarManzaneda, creada na segunda metade da década de 1960, é a primeira estación de esquí de Galicia. Dispón das seguintes instalacións e servizos:
- 16 pistas homologadas de esquí alpino de diversas dificultades e de esquí de fondo
- Snow Park (XabaPark) con diferentes módulos
- 4 telesquís e dúas telecadeiras de catro e seis prazas, que permiten desprazar 7.600 esquiadores/hora
- Piscina climatizada con sauna e hidromasaxe
- Escola de esquí
- Alugueiro de material de esquí e snowboard
Verán
editarManzaneda é un resort con instalacións aptas para a práctica de diferentes disciplinas deportivas estivais en altura. Dispón das seguintes instalacións e servizos:
- Pavillón polideportivo de máis de 1.000 metros cadrados
- Zona húmida con piscina cuberta de 25 metros e seis estaxes, sauna finlandesa e hidromasaxe
- Rocódromo exterior con cinco vías e unha travesía
- Picadeiro para a aprendizaxe e paseos a cabalo
- Circuíto de karts
- Campo de golf rústico de 6 buratos
- Campo de fútbol con medidas regulamentarias e campo de fútbol 7, ambos de herba
- Tiro con arco
- Canchas de tenis
- Pistas de footing e sendeirismo sinalizadas, que discorren polo medio do bosque na contorna da estación
- Parque multiaventura
- Alugueiro de quads e de BTTs
Instalacións hostaleiras
editarPara gozar destas instalacións Manzaneda ofrece:
- Máis de 400 prazas de aloxamento no seu apartahotel e o seu albergue turístico (Bungalows)
- O restaurante á carta "Os Arandos" e o restaurante autoservizo "Manzaneda", que ofrecen gastronomía local con produtos da zona
- Cafeterías, disco-pub, tendas, enfermaría e centro de primeiros auxilios
Bike Park
editarManzaneda conta cun dos mellores Bike Park de España. Consta de seis pistas balizadas que discorren polo bosque, con obstáculos naturais e artificiais: bumps, pasarelas de madeira, saltos, lousas e trialeiras deseñados para todos os niveis, asistidas pola telecadeira de seis prazas e con eventos especiais durante os veráns como "A Avalancha", un descenso de máis de 1.100 metros de desnivel en 16 km de percorrido.