Apeadoiro de Perbes

(Redirección desde «Estación de Perbes»)

Coordenadas: 43°22′42″N 8°12′04″O / 43.3782, -8.20112

Perbes é un apeadoiro ferroviario de Adif situado na vila de Perbes, no concello de Miño, provincia da Coruña. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Perbes
Apeadoiro de Perbes.
SituaciónMiño
Liñas
Media distanciaMD

Situación ferroviaria editar

A estación atópase no punto quilométrico 17,7 da liña férrea de ancho ibérico que une Betanzos con Ferrol a 68 metros de altitude,[1] entre as estacións de Miño-Castro e de Pontedeume. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia editar

A estación foi inaugurada o 5 de maio de 1913 coa apertura da liña Betanzos-Ferrol, tras un longo período de proxectos e obras, tras quedar deserto o concurso para a súa construción e explotación.[2] Encargouse a Norte que efectuase o mantemento necesario para a posta en servizo desta liña. Encargouse finalmente da explotación MZOV, e a partir de 1928, a Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste.[3] En 1941, a estación pasou a depender da recentemente creada Renfe, quen xestionou a mesma ata a separación da compañía en Adif e Renfe Operadora o 31 de decembro de 2004.

Incidentes editar

En xullo de 2016 un tren tivo que ser evacuado logo dun lume que se producira no propio vehículo.[4]

Servizos ferroviarios editar

Media distancia editar

Actualizado a 20 de xuño de 2016.

Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
5 MD A Coruña <> Ferrol

Notas editar

  1. Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
  2. F. Varela / P. Rodríguez (2000-09-04). "Mañana se cumple un siglo del comienzo de las obras del tren Ferrol-Betanzos, inaugurado en 1913". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2018-10-12. 
  3. Betanzos a Ferrol Arquivado 22 de xullo de 2018 en Wayback Machine. Spanishrailway
  4. "Evacuado un tren que empezó a arder en el apeadero de Perbes (A Coruña)". Finanzas.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2018. Consultado o 2018-10-12. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar