Estación de Pedrelo-Céltigos

apeadoiro de ferrocarril en Céltigos (A Veiga, Sarria)

Coordenadas: 42°49′58″N 7°23′36″O / 42.8329, -7.39335

Pedrelo-Céltigos é un apeadoiro de Adif, situado no lugar de Céltigos, no concello de Sarria, provincia de Lugo. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Pedrelo-Céltigos
Apeadoiro de Pedrelo Céltigos
SituaciónSarria
Liñas
Media distanciaMD

Situación ferroviaria editar

A estación atópase no punto quilométrico 402,7 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña[1], entre as estacións da Pobra de San Xiao e de Sarria. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia editar

Aínda que se atopa no tramo Sarria-Lugo da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña aberto ao tráfico o 2 de agosto de 1878 polo Estado[2], non se dispuxo de ningunha estación nesta zona. A súa construción é moi posterior e vai unida a unha zona industrial dedicada ao embotellamento de auga mineral propiedade da empresa Fontecelta.

A estación editar

As instalacións limítanse a un pequeno refuxio dotado de zonas de asento. Polo apeadoiro só cruza a vía principal á que se accede grazas a unha plataforma lateral.

Servizos ferroviarios editar

Media distancia editar

Actualizado a 18 de xuño de 2016.

Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
4 MD A Coruña <> Monforte de Lemos
Ourense-Empalme

Notas editar

  1. Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento.
  2. Cronoloxía básica do ferrocarril español de vía ancha Arquivado 14 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Fundación de los Ferrocarriles Españoles

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar