Coordenadas: 42°50′05″N 7°23′31″O / 42.83464, -7.39181

Fontecelta é unha empresa galega adicada ao envasado de auga mineral natural situada no concello de Sarria (Lugo).

Fontecelta

Fontecelta
TipoSociedade Anónima
LocalizaciónCéltigos, s/n
27680 Sarria, Lugo
IndustriaAuga
ProdutosAuga envasada
Na rede
https://www.fontecelta.com/
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

A planta de Fontecelta está situada no val que forman os ríos Neira e Sarria, na localidade de Céltigos, no concello de Sarria. Atópase no lugar dun antigo balneario que desapareceu na década de 1960.

En 1903 a auga do manancial foi declarada de utilidade pública e en 1928 foi declarada auga mineiro-medicinal polas súas propiedades. Na década de 1950 comeza o envasado e comercialización da auga Fontecelta, unha auga mineral natural con mineralización débil. Na actualidade, as instalacións ampliáronse en 8 000 metros cadrados, chegando a un total de 15 000.[1] A empresa foi propiedade de Rumasa, despois de Corporación Noroeste e logo do expresidente do Celta de Vigo, Horacio Gómez.[2]

Fontecelta envasa aproximadamente o 2% da auga producida en España, uns 110 millóns de litros cada ano.[3]

Notas editar

  1. "Fontecelta acaba de sacar al mercado un nuevo envase especial para la hostelería". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 27 de abril de 2013. 
  2. Fontecelta, historia de una fuente de aguas curativas. agua-mineral.net
  3. "Evolución del negocio". Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2013. Consultado o 27 de abril de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar