Espiña
páxina de homónimos de Wikimedia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
O termo espiña pódese referir a:
- Espiña, cada unha das pugas duras e agudas que nacen no talo ou pólas dalgunhas plantas como as roseiras, espiño, pico.
- Espiña, cada unha das partes óseas que forman o esqueleto dos osteíctios.
- Espiña, cada unha das pugas que presentan algúns invertebrados nos seus tegumentos.
- Espiña, conxunto das vértebras do esqueleto dos animais vertebrados, aranguelo, columna vertebral, espiña dorsal, fío do lombo, raque.
- Espiña, figurativamente, cousa que produce unha gran mágoa moral.
- Espiña de peixe, patrón para colocar rectángulos nun enlousado, utilizado para todo tipo de solos e para pavimentos de estradas, así denominado polo seu parecido á disposición das espiñas dun peixe.
- Espiña bífida, malformación conxénita producida pola soldadura incompleta do arco vertebral posterior.
- Espiña neural, apófise espiñosa, prominencias óseas que xorden da parte posterior das láminas das vértebra.
- Espiña escapular, formación ósea situada na superficie posterior da omoplata.
Dermatoloxía
editar- Espiña, gran de graxa que se forma na pel, sobre todo na cara e nas costas, espiña brava, espiña carnal.
- Espiña carnaza, herpes.