Vista de Delft

pintura de Johannes Vermeer

Vista de Delft (Gezicht op Delft) é unha pintura do pintor neerlandés Johannes Vermeer. Este óleo sobre lenzo foi pintado en Delft entre 1659 e 1660 e actualmente está exposto na pinacoteca Mauritshuis, na cidade da Haia.[1]

Vista de Delft
("Gezicht op Delft")
ArtistaJohannes Vermeer
Data1659-1660
Técnicaóleo sobre lenzo
MovementoBarroco
Dimensións96,5 cm × 115,7 cm
LocalizaciónMauritshuis (A Haia)

Descrición editar

Vista de Delft representa unha parte da cidade que foi o berce de Vermeer, baixo a perspectiva do vedutismo; unha pintura moi detallada dunha paisaxe urbana. Xunto con A canella, trátase da única paisaxe da obra do pintor e é a única representación dun vasto espazo.[2] A representación de Delft realízase desde a cara sur, ollando cara ao norte, desde a outra beira do porto fluvial. Pódese ver en primeiro plano a canle, enmarcada polas portas de Schiedam (á esquerda) e Rotterdam (á dereita), así como a Igrexa Nova (Nieuwe Kerk) protestante iluminada no fondo polos raios do Sol[3]. Esta igrexa non ten campás, o que permite a súa datación, xa que se coñece que foron colocadas de maio de 1660. Pódese recoñecer tamén a torre cónica dunha cervexaría desaparecida posteriormente.[4]

Interpretación e comentario editar

Marcel Proust cualificou Vista de Delft nunha carta ao seu amigo Jean-Louis Vaudoyer como "a pintura máis fermosa do mundo". Describe o cadro no quinto volume da súa novela À la recherche du temps perdu ("Na procura do tempo perdido"), despois de descubrilo no museo de Jeu de Paume, en París, en 1921. Faino nestes termos:[5]

Decatouse por primeira vez dos pequenos personaxes en azul, de que a area era rosa e, finalmente, da preciosa materia do pequeno lenzo amarelo. O seu atordamento aumentaba; fixou a súa ollada, coma un neno, nunha bolboreta amarela que quixo coller, no precioso lenzo. "É así como debería describilo, dixo. Os meus últimos libros son demasiado secos; sería necesario pasar varias capas de cor, tornar a miña linguaxe precionsa en si mesma, coma este pequeno lenzo amarelo".

Rastrexabilidade da obra editar

  • Data de creación descoñecida: adquirida por Pieter van Ruijven (1624-1674) en Delft, a Johannes Vermeer (1632-1675).
  • (?) 1674: herdada por Magdalena van Ruijven (-1682).
  • (?) Cara a 1695: pertence a Jacob Dissius.
  • 16 de maio de 1696: venda da colección de Jacob Dissius.
  •   2 de maio de 1822: adquirida por Jeronimo de Vries na venda da colección Anna Johanna Teding van Berckhout-Kops.
  • 1822: comprada polo Gabinete Real de Pinturas Mauritshuis, da Haia.

Notas editar

  1. Slatkes, Leonard. Vermeer and his contemporaries. Abbeville Press. 1981. Páxina 40. [978-0-89659-195-0] (En inglés)
  2. Montias, John M. Vermeer and His Milieu: A Web of Social History. Princeton University Press. 1991. Páxina 200. [ISBN 978-0-691-00289-7] (En inglés)
  3. Vista de Delft na páxina web do museo Mauritshuis Arquivado 02 de febreiro de 2014 en Wayback Machine.. (En inglés)
  4. Timothy Brook. Le Chapeau de Vermeer. Le XVIIe siècle à l'aube de la mondialisation. Payot, 2010. [ISBN 2-228-90493-7] (En francés)
  5. Vago, Davide. "Le "petit pan de mur jaune" de Proust: la couleur invisible". En Intermède. 26 de abril de 2011. (En francés)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • Bonafoux, Pascal. Vermeer. Nova York, Konecky & Konecky, 1992. [ISBN 978-1-56852-308-9] (En inglés)
  • Wheelock, Arthur K. Vermeer: The Complete Works. Nova York. Harry N. Abrams,1997. [ISBN 978-0-811091-737-8] (En inglés)
  • 1966: Dans la lumière de Vermeer. París. Musée de L'orangerie. 24 de setembro a 28 de novembro (catálogo de exposición). (En francés)

Ligazóns externas editar