Trinidad Jiménez

política española

Trinidad Jiménez García-Herrera, nada en Málaga o 4 de xuño de 1962, é unha política española pertencente ó PSOE.

Infotaula de personaTrinidad Jiménez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Trinidad Jiménez García-Herrera Editar o valor em Wikidata
4 de xuño de 1962 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Málaga, España Editar o valor em Wikidata
Deputada de España
30 de novembro de 2011 – 13 de xaneiro de 2016

Circunscrición electoral: Málaga (en) Traducir

Minister of Foreign Affairs and Cooperation of Spain (en) Traducir
21 de outubro de 2010 – 22 de decembro de 2011
← Miguel Ángel MoratinosJosé Manuel García-Margallo →
Minister of Health and Social Policy (en) Traducir
7 de abril de 2009 – 21 de outubro de 2010
← Bernat SoriaLeire Pajín →
Deputada de España
26 de marzo de 2008 – 22 de abril de 2008 – Daniel Méndez Guillén →

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Concelleiro de Madrid
16 de xuño de 2003 – 6 de setembro de 2006
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Autónoma de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJosé Jiménez Villarejo Editar o valor em Wikidata
ParentesCarlos Jiménez Villarejo (tío paterno) Editar o valor em Wikidata
Premios

Biografía editar

 
Trinidad Jiménez (esquerda) e a Primeira Dama da Arxentina, Cristina Fernández de Kirchner.

Nada en Málaga, chegou a Madrid debido ó traslado do seu pai. Licenciada en Dereito pola Universidade Autónoma de Madrid, moi cedo ingresou en Xuventudes Socialistas de España, onde comezou a súa carreira política.

Apoiou claramente a candidatura de José Luis Rodríguez Zapatero á Secretaría Xeral do PSOE, dada a súa vinculación á corrente Nueva Vía dirixida polo propio Zapatero. Sendo este finalmente elixido,Trinidad entrou a formar parte da Comisión Executiva Federal do PSOE como secretaria de Relacións Internacionais.

Foi a candidata socialista á alcaldía de Madrid nas eleccións municipais de 2003, pero foi superada en votos por Alberto Ruiz-Gallardón (PP). Non obstante, conseguiu o maior número de concelleiros socialistas desde que o PSOE fora desaloxado da alcaldía.

O seu nome soou como futura ministra no gabinete de José Luis Rodríguez Zapatero cando este gañou as eleccións en 2004, aínda que seguiu sendo concelleira no concello de Madrid ata o 6 de setembro de 2006, data na que o Presidente a propuxo coma Secretaria de Estado para Iberoamérica.

En 2009 foi nomeada Ministra de Sanidade en substitución de Bernat Soria. En 2010 disputou con Tomás Gómez unhas eleccións primarias para converterse na candidata socialista á alcaldía de Madrid, pero saíu derrotada. Só uns días despois, José Luis Rodríguez Zapatero nomeouna Ministra de Asuntos Exteriores, cargo que ocupou ata as Xerais de 2011, onde os socialistas sufriron unha severa derrota.


Predecesor:
Bernat Soria
  
Ministra de Sanidade e Consumo
 
2009 - 2010
Sucesor:
Leire Pajín
Predecesor:
Miguel Ángel Moratinos
  
Ministra de Asuntos Exteriores e de Cooperación
 
2010 - 2011
Sucesor:
José Manuel García-Margallo

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar