Abrir o menú principal

Nueva Vía foi a corrente reformadora do Partido Socialista Obrero Español liderada por José Luis Rodríguez Zapatero, ex-presidente do Goberno de España, e utilizada como plataforma electoral ante o XXXV Congreso do seu partido no ano 2000.

Historia e característicasEditar

Nueva Vía evoca as correntes asociadas á Terceira Vía (Third Way) do ex-primeiro ministro británico Tony Blair e a do que fora chanceler alemán Gerhard Schröder (Neue Mitte). Disolveuse como grupo organizado tras alzarse Rodríguez Zapatero coa Secretaría Xeral do PSOE.

MembrosEditar

Os principais membros da nova corrente foron entre outros José Luis Rodríguez Zapatero, Trinidad Jiménez, Jesús Caldera, Jordi Sevilla, José Blanco, Antonio Cuevas, Juan Fernando López Aguilar e Enrique Martínez Marín[1].

NotasEditar