Tony Rominger

ciclista suizo

Tony Rominger, nado en Vejle o 27 de marzo de 1961, foi un ciclista profesional de fondo en estrada suízo de orixe dinamarquesa.

Infotaula de personaTony Rominger

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de marzo de 1961 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Vejle, Dinamarca (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuíza Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónciclista Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaSuíza Editar o valor em Wikidata
Deporteciclismo de competición Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo Competición
1986-1986 Cilo-Aufina
1987-1990 Chateau d'Ax (equipa ciclista) (pt) Traducir
1991-1991 La Vie claire
1992-1993 CLAS–Cajastur (pt) Traducir
1994-1996 Mapei
1997-1997 Cofidis (ciclismo) (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
5 de xullo de 1997Tour de France 1997 (pt) Traducir
1996Xogos Olímpicos de 1996
19961996 UCI Road World Rankings (en) Traducir (8º)
19951995 UCI Road World Rankings (en) Traducir (2º)
19941994 UCI Road World Rankings (en) Traducir (1º)
19931993 UCI Road World Rankings (en) Traducir (2º)
19921992 UCI Road World Rankings (en) Traducir (2º)
19921992 UCI Road World Cup (en) Traducir (2º)
19911991 UCI Road World Rankings (en) Traducir (7º)
19901990 UCI Road World Rankings (en) Traducir (10º)
19891989 UCI Road World Rankings (en) Traducir (5º)
19891989 UCI Road World Cup (en) Traducir (2º)
19881988 UCI Road World Rankings (en) Traducir (15º)
19871987 UCI Road World Rankings (en) Traducir (74º)
Vuelta a España Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Comezou a súa carreira profesional en 1986, nun momento de transición no ciclismo mundial onde nas grandes probas por etapas salientaban corredores como Stephen Roche, Pedro Delgado ou Álvaro Pino. No Tour en 1990 aínda non puido pasar da posición 57. Empezou brillando noutro tipo de probas como o Giro dell´Emilia ou o prestixioso Giro da Lombardía.

Unha axustada preparación pemitiulle facerse coa Volta a España de 1992, o que supuxo a súa consagración mundial. A partir dese momento comezou un período inzado de grandes triunfos: as novas voltas a España de 1993 e 1994 (un récord aínda non superado). Un segundo posto no Tour de Francia de 1993, por detrás do todopoderoso Miguel Indurain. O Giro de Italia en 1995. Outro Giro da Lombardía en 1992. O récord da hora que bateu en dúas ocasiónsen o 22 de outubro de 1994 e o 5 de novembro do mesmo ano.

En total gañou trece etapas da Volta a España, 3 etapas no Tour de Francia e 5 etapas no Giro de Italia, o que dá conta do seu dominio nun período en que reinaba un imbatible Miguel Indurain.

En 1995, ano da súa vitoria no Giro, sería oitavo no Tour e décimo ao ano seguinte, no que sería terceiro na Volta a España e tamén terceiro no campionato do mundo de fondo en estrada, a súa última actuación destacada.

Entre os seus éxitos debe salintarse o triunfo no Gran Premio das Nacións en 1991 e 1994, dúas París-Niza en 1991 e 1994, tres voltas ao País Vasco en 1992, 1993 e 1994, a subida ao Naranco en 1992, a Subida ao Urkiola de 1993 e a Escalada ao Montjuic de 1994. Corredor todo terreo, da proba disto o gran premio da montaña no Tour de 1993 e nas Voltas a España de 1993 e 1996.

Cando empezaba o seu declive, unha lesión afastouno definitivamente da estrada en 1997.

Resultado nas Grandes Voltas e o Campionato do Mundo editar

Carreira 1986 1987 1988 1989 1990 1991 1992 1993 1994 1995 1996 1997
Giro de Italia - Ab. 44º - - - - - - - -
Tour de Francia - - 68º - 57º - - Ab. 10º Ab.
Vuelta a España - - - - - - - 38º
Mundial en Ruta - Ab. Ab. 14º 56º Ab. - - - Ab.
Mundial Contra o reloxo - - - - - - - - - -