O theremin é un dos primeiros instrumentos musicais electrónicos. Foi inventado en 1919 polo físico e músico de nacionalidade rusa Lev Serguéievich Termen, quen máis adiante afrancesaría o seu nome a Léon Thérémin. O deseño clásico consiste nunha consola que garda o mecanismo do instrumento, con dúas antenas. Execútase achegando e afastando a man a cada unha das antenas correspondentes, sen chegar a tocalas. A antena dereita adoita ser recta e en vertical, e serve para controlar a frecuencia ou ton: canto máis preto estea a man dereita da mesma, máis agudo será o son producido. A antena esquerda é horizontal e con forma de bucle, e serve para controlar o volume: canto máis preto da mesma estea a man esquerda, máis baixa o volume, e viceversa.

Unhas das primeiras e máis coñecidas intérpretes deste instrumento foi Clara Rockmore.

Músicos do theremin editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar