Soiuz 18-1

misión do programa espacial Soiuz

Soiuz 18-1, denominada así a posteriori, foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 5 de abril de 1975 mediante un foguete Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.[1][2]

Soiuz 18-1 / Soiuz 18-A
TipoTripulada
Data de lanzamento5 de abril de 1975, 11:04 GMT[1]
Foguete portadorSoiuz 11A511[2]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[1]
Duración da misión21 minutos e 27 segundos[1]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa estación espacial Saliut 4. Fallo do foguete antes de chegar a órbita.[1]
Masa6830,0 kg[1][2]

Características editar

Soiuz 18-1 estaba tripulada por Vasili Lazarev e Oleg Grigorievich Makarov. A engalaxe tivo lugar de maneira normal, pero despois da separación da segunda etapa a terceira etapa non se acendeu. O control de terra activou a torre de escape do foguete cando este se atopaba a 192 km de altura, separando a cápsula tripulada do resto do foguete e sometendo os dous cosmonautas a unha aceleración de máis de 20 G. A cápsula acabou aterrando de maneira accidentada nos montes Altai, cerca da fronteira con China, rodando por unha ladeira e sendo detida por arbustos pouco antes dun precipicio. Os cosmonautas temeron estar no lado chinés da fronteira, pero tras unhas horas foron atopados e asistidos por xente do lugar falando en ruso antes da chegada do equipo de rescate. Lazarev sufriu feridas internas debido á alta aceleración e á rodaxe da cápsula e nunca máis volveu a voar ao espazo.[1][2]

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Mark Wade (2017). "Soyuz 18-1" (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 12, 17, 18, 21, 25 - 29, 31 - 40 (7K-T, 11F615A8)" (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2017.