Pazo de Sensat

pazo en Alcabre, Vigo

O pazo de Sensat é un pazo situado na Avenida da Atlántida, na parroquia de Alcabre, no concello de Vigo á beira da praia de Carril. O edificio actual data dos anos 40 do século XX, aínda que unha parte data de comezos do século XIX, e onde houbo un pazo anterior do que practicamente non se conservan restos. No entanto, o edificio actual aínda mantén elementos característicos dos pazos galegos, supondo o seu maior atractivo, a colección de 101 brasóns heráldicos espallados polos xardíns e muros ameados, a maior escolma de escudos nobiliarios existente en Galiza. Á beira do pazo está a nova igrexa de Santa Baia, finalizada no ano 1999. O pazo, malia ser relativamente novo, constitúe arquitectonicamente, unha obra senlleira[1].

Pazo de Sensat
ConcelloAlcabre, Vigo
ProvinciaPontevedra
ComunidadeGalicia
Coordenadas42°13′21″N 8°45′47″O / 42.222388888889, -8.7630833333333Coordenadas: 42°13′21″N 8°45′47″O / 42.222388888889, -8.7630833333333
Estilo arquitectónico
Estilo orixinal(século XIX, aínda que houbo un edificio anterior non conservado)
Estilo actual(século XX remodelado para uso hostaleiro)
Estado actualen bo estado
Véxase tamén
Pazos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

Dende o ano 2005 o edificio acolle un hotel de cinco estrelas que leva o nome de Pazo Los Escudos.[2] O establecemento consta de 54 cuartos distribuídos en tres edificios, un deles o antigo pazo de principios do século XIX[3].

O edificio principal editar

Conforman o corpo principal do pazo unha edificación en granito, de planta rectangular e dous andares contigua a unha torre en tres alturas e planta cadrada. A fachada atópase profusamente enfeitada con gran cantidade de baixorrelevos representando escenas relixiosas e cunchas de vieira.

O interior caracterízase por unha grande escaleira central feita en madeira e a ampla lareira en pedra. Conserva, ademais, restos do antigo pozo, cortes e unha mesa de pedra baixo o soportal porticado do xardín.

O xardín editar

Arrodeado cun muro ameado, conta con diferentes fontes, pequenos conxuntos escultóricos e un pombal granítico de planta circular que mantén a mesma decoración que a fachada do edificio principal, cun tellado rematado cunha esfera de granito.

Os escudos editar

Entre a numerosa colección, con algúns escudos do século XV, existente salientan:

  • Arco heráldico: conxunto pétreo formado por un arco de medio punto cuxas setes doelas conteñen os escudos de armas das familias nobre galegas: García, Ribeira, Lousada, Ozores, Ribadeneira, Quiroga, Valcárcel, Bolaño, Sarmiento, Lemos, Soutomaior, Saavedra e Somoza.
  • Vila de Padrón: labra que amosa a lenda do traslado do corpo do apóstolo Santiago a Compostela. Aos lados atópanse dous leóns en baixorrelevo, un reloxo de sol e unha fonte co cano de pedra e rostro humano.

Notas editar

  1. Información sobre Alcabre na Web do Concello de Vigo - http://hoxe.vigo.org/conecenos/pr_alcabre.php?lang=cas
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2014. Consultado o 07 de abril de 2014. 
  3. Nova sobre a apertura do hotel en 2005 en La Voz de Galicia - http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/02/28/3504566.shtml Arquivado 09 de abril de 2014 en Wayback Machine.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar