Nicolai Abraham Abildgaard

Nicolai Abraham Abildgaard, nado en Copenhaguen en 1743 e finado na mesma cidade en 1809, foi un pintor danés.

Infotaula de personaNicolai Abraham Abildgaard

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(da) Nicolai Abraham Abildgaard‎ Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Nikolai Abraham Abildgaard Editar o valor em Wikidata
11 de setembro de 1743 Editar o valor em Wikidata
Copenhague, Dinamarca Editar o valor em Wikidata
Morte4 de xuño de 1809 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Copenhague, Dinamarca Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaAssistens Kirkegård Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeDinamarca Editar o valor em Wikidata
EducaciónRoyal Danish Academy of Fine Arts (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura, desenhar (pt) Traducir, escultura e arquitectura Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Roma (1772–1777)
Copenhague Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor , profesor universitario , deseñador de mobles , escultor , deseñador , arquitecto , debuxante Editar o valor em Wikidata
EmpregadorRoyal Danish Academy of Fine Arts (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosChristoffer Wilhelm Eckersberg, Johan Ludvig Gebhard Lund (pt) Traducir, Jens Peter Moeller, Conrad Christian Bí¸hndel (pt) Traducir, Carl Probsthayn (pt) Traducir e Christian Gottlieb Kratzenstein-Stub (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeJuliane Marie Abildgaard (1803–)
PaiSøren Abildgaard (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsPedro Cristiano Abildgaard (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 83169475 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo dun anticuario, estudou pintura na Real Academia Danesa da Arte (Det Kongelige Danske Kunstakademi) con Johan Mandelberg e Johannes Wiedewelt. Como axudante de Mandelberg colaborou na decoración do palacio real de Fredensborg.

Entre 1772 e 1777 fixo unha viaxe de estudos a Roma, onde estudou os frescos de Anibal Carracci e as pinturas de Rafael, Tiziano e Miguelanxo. Ademais entra en contacto co escultor sueco Johan Tobias Sergel e o pintor Johann Heinrich Füssli que exercen unha grande influencia no seu afastamento do clasicismo, aprendido na Academia, e no seu achegamento ás fontes literarias de Shakespeare, Homero e Osian.

De volta a Dinamarca foi nomeado profesor da Academia en 1778. Christoffer Wilhelm Eckersberg e Asmus Jacob Carstens salientaron entre os seus discípulos. En 1780 foi requirido polo goberno danés para pintar pezas históricas que servisen de decoración ao Cuarto dos Cabaleiros (Riddersal) do Palacio de Christiansborg. Esas pinturas non só amosan elementos históricos, senón tamén alegóricos e mitolóxicos (xeroglíficos, símbolos) que reflicten o seu apoio á Revolución francesa, o rei rexeitou o deseño, e finalmente en 1794 foi destruído nun incendio.

Dirixiu a Academia de Copenhaguen de 1789 a 1791 e de 1801 a 1809.

O seu estilo foi clásico, cun fondo romántico. Tiña un remarcable sentido da cor, e unha clara preferencia por temas históricos.

Véxase tamén editar