O medieval metal (ou Mittelalter-Metal en alemán) é un subxénero do folk metal que combina o heavy metal coa música medieval. Este xénero xurdiu a mediados dos anos 1990 localizándose na súa maioría en Alemaña, onde é coñecido como "Mittelalter-Metal".[1] Os grupos deste xénero suplementan o son cunha variedade de instrumentos tracicionais. Considérase ao grupo Subway to Sally como os pioneiros neste xénero.[2] Os instrumentos de vento-madeira como gaitas, frautas e shawms e os de corda como violíns, laúdes, zanfonas, violoncellos, arpas e mandolinas son habituais en temas de grupos como Corvus Corax,[3] In Extremo,[4] Schandmaul,[5] Morgernstern,[6] e Schattentantz.[7]

Medieval metal
Orixe musicalFolk metal, Neue Deutsche Härte, música medieval
Orixe culturalMediados dos anos 1990 en Alemaña
Instrumentos típicosGuitarra eléctrica, baixo, percusión, vento-madeira, corda, voz, gaita, laúde, arpa, hurdy-gurdy

Notas editar

  1. Duden – Das neue Wörterbuch der Szenesprachen (en alemán). Bibliographisches Institut AG. ISBN 978-3411710928. 
  2. von Viereck, Matthias (12 de novembro de 2007). "Modern Minstrels: Medieval Rock on the Rise". Goethe-Institut. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2008. Consultado o 10 de marzo de 2008. 
  3. True, Chris. "Corvus Corax". AllMusic. Consultado o 31 de marzo de 2008. 
  4. Sharpe-Young, Garry. "In Extremo". MusicMight. Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2009. Consultado o 1 de abril de 2008. 
  5. Sharpe-Young, Garry. "Schandmaul". MusicMight. Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2012. Consultado o 1 de abril de 2008. 
  6. Sharpe-Young, Garry. "Morgenstern Biography". MusicMight. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2012. Consultado o 1 de abril de 2008. 
  7. Sharpe-Young, Garry. "Schattentantz". MusicMight. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2012. Consultado o 1 de abril de 2008. 

 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.