Mausoleo

monumento funerario de grandes dimensións

Un mausoleo é un edificio externo construído como un monumento que inclúe o espazo de enterro ou a cámara de enterro dunha ou varias persoas defuntas. O mausoleo funerario baleiro erixido en honra dunha persoa ou grupo de persoas para os que se desexa gardar un recordo especial chámase cenotafio. Os mausoleos cristiáns algunhas veces teñen tamén unha capela. Unha tumba pode ser considerada un mausoleo.

Mausoleo no Cemiterio da Recoleta, en Bos Aires, Arxentina

Etimoloxía editar

 
O mausoleo de Halicarnaso. Gravado de Martin van Heemskerck (século XVI)

Etimoloxicamente provén do latín: Mausolēum, sepulcro de Mausolo, rei de Caria, quen se fixo construír o famoso Mausoleo de Halicarnaso, unha das chamadas Sete Marabillas do Mundo. Mausolo era un dos príncipes máis ricos e poderosos do seu tempo; á súa morte foi tan chorado pola súa esposa Artemisa II que esta, para enaltecer a memoria do seu amado, mandou construír en Halicarnaso un magnífico sepulcro, cuxo esplendor eclipsaba todo o que neste xénero se vira ata entón. Medía 400 pés de circunferencia, 140 de altura e contiña no seu recinto 36 columnas. A pirámide que coroaba o monumento tiña por remate un carro de mármore tirado por catro cabalos.

Moitos soados escultores, Timoteo, Escopas e Leocares, entre outros, arrequecérono con estatuas e baixorrelevo. Desde entón, o nome de Mausoleo foi aplicado a todos os monumentos fúnebres levantados en honra dun príncipe ou outro personaxe notable.

Mausoleos destacados editar

 
O Taj Mahal, en Agra, India, é o mausoleo máis famoso e fotografado do mundo.

Algúns mausoleos destacados no mundo son:

Notas editar

  1. "1923: Ancara torna-se capital dá Turquia". Deutsche Welle 12.10.2006 (en portugués). 2006. Consultado o 22/07/2008. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar