Mar de Barents

mar

O mar de Barents é unha parte do océano Ártico, situado ao norte de Noruega e de Rusia. Leva o nome do navegante holandés Willem Barents. É unha plataforma continental bastante profunda (230 m de media), rodeada polo mar de Noruega ao oeste, o arquipélago de Svalbard (Noruega) ao noroeste, e as illas de Terra de Francisco Xosé e Nova Cembla (Rusia) ao leste e nordeste.

Mar de Barents
Barentshavet - Баренцево море
Localización administrativa
EstadoNoruega Noruega
Rusia Rusia
DivisiónFinnmark (NOR)
Rexión de Múrmansk
República de Carelia
Óblast de Arkhanguelsk
Yamalia-Nenetsia
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Ártico
ContinenteEuropa
ArquipélagoArquipélago Svalbard (NOR)
Terra de Francisco José e Nova Zembla (RUS)
Xeografía
Mares contiguosMar de Kara e mar de Noruega
SubdivisiónsMar de Pechora e mar Branco
Illas interioresIlla de Kolguyev (RUS)
Cidades ribeiregasMúrmansk (RUS) e Vardø (Noruega)
Accidentes
Golfos e baíasBaía de Chesha
CabosCabo Norte e Zhelániya
PenínsulasEscandinava, Kanín e Kola
EstreitosMatochkin, Kara e Yugor
Características
Superficie1 405 000 km²
Profundiade máxima600 m
Profundidade media230 m
Capacidade282.000 km³
Outros datos
vía navegableRuta do mar do Norte
naveganteWillem Barents, tres viaxes (1594-97)
Mapa

Localización do mar de Barents.

Mapa do mar de Barents

Os portos de Múrmansk (Rusia) e Vardø (Noruega) atópanse na metade meridional do mar de Barents, e permanecen libres de xeos ao longo de todo o ano debido ás correntes do océano Atlántico norte. En setembro, practicamente todo o mar de Barents está libre de xeo.

Véxase tamén editar