Magda Donato

xornalista, escritora e actriz española

Magda Donato, pseudónimo de Carmen Eva Nelken Mansberger, nada o 6 de febreiro de 1898 en Madrid e finada o 3 de novembro de 1966 en Cidade de México, foi unha xornalista, dramaturga, narradora e actriz española que tivo que se exiliar en México tras a Guerra Civil Española. Foi irmá da escritora e política Margarita Nelken.[1]

Infotaula de personaMagda Donato

Editar o valor em Wikidata
Biografía
NacementoCarmen Eva Nelken Mansberger
6 de febreiro de 1898
Madrid, España
Morte3 de novembro de 1966 (68 anos)
Cidade de México, México
Datos persoais
País de nacionalidadeEspañola
Actividade
OcupaciónEscritora, xornalista, actriz e actriz de cinema
Pseudónimo literarioMagda Donato Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá, lingua francesa e lingua alemá Editar o valor em Wikidata
Familia
ParellaSalvador Bartolozzi (1917–1950) Editar o valor em Wikidata
IrmánsMargarita Nelken Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0232276 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu en Madrid[2] no seo dunha familia comerciantes de ascendencia xudeu-alemá.[3] O seu pai era un xoieiro español, e a súa nai, nada en Francia, era filla dun reloxeiro que, en 1889, fora a Madrid a traballar como reloxeiro de palacio e, ademais, que posuíu unha reloxaría e xoiaría na Puerta del Sol, nº 15 de Madrid. A súa rica familia proporcionoulle unha esmerada educación superior, pouco común para as mulleres nese momento.[1]

Decontado, en 1917, comezou a escribir no xornal El Imparcial, diario da familia Gasset, e máis tarde noutros xornais madrileños como Estampa, El Liberal e La Tribuna.[4] Asinaba os seus artigos como Magda Donato, para autoafirmarse fronte á súa irmá máis vella, Margarita Nelken.[4]

Nos anos trinta realizou para o diario Ahora unha serie chamada Reportajes vividos, nos que coñeceu desde dentro un hospital psiquiátrico, un albergue de mendigos e un cárcere de mulleres.[5]

En 1939 viuse obrigada a saír ao exilio pola guerra civil española, foi a Francia, e en novembro de 1941 chegou a México, onde iniciou a súa carreira como actriz no grupo Les comediéns de France.[6] Escribiu xunto coa súa parella Salvador Bartolozzi obras de teatro para nenos como Pinocho en el país de los cuentos ou Las aventuras de Cucuruchito y Pinocho, estreadas en México durante a década de 1940.[7] Algunhas das súas películas máis coñecidas foron La liga de las muchachas (1949), Curvas peligrosas (1950), El amor no es negocio (1949) e Caperucita y Pulgarcito contra los monstruos (1960). O seu labor como actriz sería recoñecido en 1960 co premio á mellor actriz concedido pola Agrupación de Críticos de Teatro.

Tras a súa morte o 3 de novembro de 1966 en Cidade de México, creouse o Premio Magda Donato co fin de recoñecer e premiar a mellor obra escrita do ano,[4] premio que foi administrado pola Asociación Nacional de Directores y Actores (ANDA) ata a súa desaparición en 1973.

Obras editar

  • La carabina (1924)
  • ¡Maldita sea mi cara! (1929)
  • Las otras dos (1931)
  • La protegida de las flores

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Guillermina Torres. Magda Donato, la eterna desconocida. http://ctxt.es/es/20170208/Culturas/11018/Magda-Donato-feminismo-sufragio.htm. Acceso o 30 de maio de 2017. (En castelán)
  2. RODRIGO, Antonina, Mujer y exilio, Flor del Viento, Barcelona, 2003, p. 32 (en castelán).
  3. Los "Reportajes" de Magda Donato revelan el "periodismo vivido" de los años 30 Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. La Voz Libre. 3-4-2010. Consultado o 30-05-2017.
  4. 4,0 4,1 4,2 Intelectuales de la Edad de Plata (11). Magda Donato Concepción Bados Ciria. Centro Virtual Cervantes. 29-4-2009. Consultado o 18-11-2012.
  5. "Viviendo como una reclusa: Magda Donato ya hacía periodismo gonzo en los años treinta | Somos Malasaña". somosmalasana.eldiario.es. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 2019-09-23. 
  6. Donato, Magda Cine mexicano. Consultado o 18-11-2012
  7. MEDINA ORTIZ, Xóchitl (2013), 70 años de teatro escolar del Instituto Nacional de Bellas Artes. Memoria 1942-2012, México, INBA, p. 23-27 (en castelán).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar