Módulo de descenso

Módulo de descenso[1] ou módulo de aterraxe[2], en exploración espacial, é a denominación que recibe o artefacto que descende á superficie do corpo astronómico obxectivo (planeta, lúa etc.) e que efectúa unha aterraxe suave. É dicir, non é destruído polo impacto coa superficie que pretende visitar.

O módulo lunar do Apollo 16.

Xeralidades editar

Xeralmente son pasivos, é dicir, non teñen partes móbiles, e dependen de complexas operacións de aerofrenado para a súa supervivencia, dependendo das condicións do lugar a aterrar (Misión Cassini-Huygens a Titán, a malograda Beagle 2 da misión Mars Express, etc).

Téñense usado para obter datos directamente do medio ambiente que visita. Normalmente necesitan dunha nave de apoio, chamada orbitador, que se mantén en órbita do obxecto visitado, e fai de ligazón entre o módulo e a Terra.

Tiveron moito éxito, e aínda continúan funcionando (dec. 2018), os módulos máis famosos, no planeta Marte: Spirit e Opportunity, que levaron con eles aparellos con capacidades móbiles (chamados "rover")[3].

Chámaselle impactador cando non é freado, senón que literalmente, impacta, para observar o que sucede nese caso[4], non considerándose propiamente módulos de descenso.

Diversos corpos terrestres foron escenario de descensos ou impactos para a súa exploración. Entre eles: a Lúa, Venus, Marte, Mercurio, Titán (a lúa de Saturno), así como varios asteroides e cometas.

Módulos de descenso segundo o corpo celeste de destino editar

Módulo lunar editar

A súa historia (e a dos módulos de descenso en xeral) comeza co Lúa 2, en 1959, ó que seguiron diversos impactadores dos programas soviéticos Lúa e estadounidense Ranger, e, máis adiante, os módulos que levaron ós astronautas nas misións Apolo á superficie da Lúa. Estes módulos tiñan capacidade de aterrar suavemente e de abandonar a superficie, unha vez rematada a misión, mediante foguetes propulsores.

 
Vista da superficie lunar dende un módulo lunar Apolo, despois da aluaxe.
 
Surveyor 3 na Lúa.

No 1966, o vehículo da URSS Lúa 9 foi o primeiro vehícuo espacial en aluar e transmitir datos fotográficos á Terra. O programa estadounidense Surveyor (do 1966 en diante) foi deseñado para determinar onde poderían aluar de xeito seguro os vehículos Apollo. Como resultado, requerírone misóns de aluaxe robótica para recoller mostras de terreo lunar e determinar o grosor da capa de po, descoñecida antes de Surveyor.

Os módulos lunares Apolo (estadounidenses, do 1969 en diante), manexados por astronautas, e con rovers (dende o 1971) e os últimos grandes módulos de descenso soviéticos sen tripulación (dende 1969), Lunokhods (dende 1970) e as misións de recollida de mostras (dende 1970) usaron un cohete de descenso para unha aluaxe suave dos astronautas e vehículos lunares á Lúa.

O vehículo espacial Altair, coñecido antes como "Lunar Surface Access Module" ("LSAM", módulo de acceso á superficie lunar), foi o módulo de descenso planeado para o Programa Constelación, antes da cancelación do proxecto.

Dende agosto de 2012, a NASA desenvolve vehículos que usan un cohete de descenso para facilitar a aluaxe ou descenso noutros corpos celestes. Este tipo de vehículos inclúen o Módulo de descenso Aguia poderosa e o Módulo de descenso Morfeo. O módulo do Proxecto Morfeo pode ter un pulo suficiente para propulsar unha etapa de ascenso tripulada.

Rusia ten asemade plans para que a misión Luna-Grunt volva con mostras lunares no 2021.

A misión chinesa Chang'e 3 e o seu rover Coello de Xade aluaron o 14 de decembro de 2013. O plan chinés de repetir a aluaxe coa misión Chang'e 4 con rover incorporado en 2015 foi seguido polos Chang'e 5 con retorno de mostras (2017) e Chang'e 6 (esperado para 2020).

Venus editar

O programa soviético Venera incluíu un número de módulos de descenso en Venus, algúns dos cales esmagáronse contra o planeta no descenso, así como o módulo Xúpiter de Galileo e outros que baixaron con éxito. Venera 3 en 1966 e Venera 7 en 1970 convertéronse nos primeiros descensos suaves exitosos en Venus. O programa soviético Vega tamén colocou en 1985 dous globos na atmosfera venusiana, pasando a sía ser os primeiros vehículos aéreos noutros planetas.

Notas editar

  1. "módulo de descenso". TERGAL. Consultado o 28/03/2019. 
  2. "módulo de aterraxe". TERGAL. Consultado o 28/03/2019. 
  3. "Exploring the Planets". National Air and Space Museum (en inglés). 2003-04-29. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2018. Consultado o 2018-12-14. 
  4. "In Depth Deep Impact (EPOXI)". Solar System Exploration: NASA Science. Consultado o 2018-12-14.