O aimará[3][4] é a lingua que falan os aimarás dos Andes. Ten o rango de lingua oficial no Perú[5] e Bolivia; conta tamén cuns miles de falantes en Chile e na Arxentina. En total hai entre dous e tres millóns de falantes.

Aimará
Aymara aru
Falado en: Bolivia, o Perú, Chile e a Arxentina
Rexións: Andes centrais
Total de falantes: 2.2 millóns
Familia: Linguas aimarás
Escrita: Alfabeto latino
Hangul[1]
Estatuto oficial
Lingua oficial de: O Perú e Bolivia
Códigos de lingua
ISO 639-1: ay
ISO 639-2: aym
ISO 639-3: aym
SIL: AYM
Mapa
Status

O aimará está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

Constitúe a primeira lingua dun terzo da poboación de Bolivia e é o principal idioma amerindio do sur peruano e o norte chileno.[6]

O aimará ten outras dúas linguas irmás: o kawki, que se dá por extinto e o jaqaru, falado no distrito de Tupe (provincia de Yauyos, Lima) por uns poucos millares de persoas.

Notas editar

  1. "Hangeul set to become writing system for South American tribe". Yonhap News Agency. 2015-10-08. Consultado o 2022-08-30. 
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para aimará.
  4. García-Miguel, José M. (2000). "Linguas do mundo e tipoloxía lingüística". En F. Ramallo; G. Rei-Doval; X.P. Rodríguez Yáñez. Manual de Ciencias da Linguaxe (PDF). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. pp. 173–220. ISBN 84-8302-588-4. 
  5. "Constitución Política do Perú, 1993. Art. 48". Consultado o 24 de agosto de 2008. Son idiomas oficiais o castelán e, nas zonas onde predominen, tamén o son o quechua, o aimará e as demais linguas orixinarias do continente, segundo a lei  No Perú non se desenvolveu unha lexislación que puxera en práctica a oficialidade do aimara, nin ten uso oficial ningún na administración do Estado, agás cos programas rurais de EBI
  6. (Hardman 2000: p. 1)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar