Linas Kleiza

baloncestista lituano

Linas Kleiza, nado en Kaunas o 3 de xaneiro de 1985, é un ex xogador de baloncesto lituano. Cunha altura de 2,03 metros e podía xogar nas posicións de ala-pivote e de ala.

Linas Kleiza
Información persoal
Nacemento 3 de xaneiro de 1985 (39 anos)
Unión Soviética Kaunas, Unión Soviética
Nacionalidade Lituania Lituania
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 107 kg (235 lb)
Posición Ala-pivote / Ala
Información da carreira
Universidade Missouri (2003–2005)
Carreira 2005−2015
Historial de equipos
Denver Nuggets (2005–2009)
Olympiacos (2009–2010)
Toronto Raptors (2010–2013)
Fenerbahçe Ülker (2013–2014)
Olimpia Milano (2014–2015)

Traxectoria editar

Kleiza foi elixido na 27ª posición do Draft da NBA de 2005 polos Portland Trail Blazers. Os Trail Blazers traspasaron os seus dereitos xunto a Ricky Sanchez ós Denver Nuggets a cambio de Jarrett Jack. Na súa tempada coma rookie, acadou 3.5 puntos en 8.5 minutos por encontro. O 10 de agosto de 2009, Kleiza asinou un contrato de dous anos e 8.6 millóns de euros co Olympiacos grego. Fixo 17.2 puntos e 6.4 rebotes por partido na Euroliga, onde o Olympiacos chegou á final. Kleiza liderou o torneo en anotación, conseguindo así o Trofeo Alphonso Ford, e converténdose no primeiro xogador lituano en conseguilo. O 7 de xullo de 2010 rematou o seu contrato co Olympiacos, e asinou un contrato de catro anos e 20 millóns de dólares cos Toronto Raptors.[1] O 16 de xullo de 2013, os Raptors utilizaron a cláusula de amnistía para cortar a Kleiza.[2]

O 26 de xullo de 2013, Kleiza asinou un contrato de dous anos co Fenerbahçe Ülker.[3] O 1 de xullo de 2014, Kleiza deixou de ser xogador do Fenerbahçe.[4] O 21 de xullo de 2014, Kleiza asinou un contrato dun ano co Emporio Armani Milano.[5]

Notas editar

  1. "Raptors Sign Kleiza To Offer Sheet". NBA.com. 8 de xullo de 2010. Consultado o 2010-07-08. 
  2. "Raptors Exercise Amnesty Provision On Kleiza". Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2014. Consultado o 18 de marzo de 2015. 
  3. "FENERBAHCE ULKER inks former Ford Trophy winner Kleiza". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2014. Consultado o 18 de marzo de 2015. 
  4. "Fenerbahce officially part ways with Kleiza, Karaman, McCalebb, Ermis". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 18 de marzo de 2015. 
  5. "EA7 Emporio Armani Milan lands Kleiza for one season". Euroleague.net. Consultado o 21 de xullo de 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar