La Flèche Wallonne 2016

A 80ª edición da Frecha Valoa disputouse o mércores 20 de abril de 2016 na rexión da Valonia, en Bélxica. O percorrido foron 196 quilómetros ondulados e, a diferenza do 2015, comezou en Marche-en-Famenne e rematou como é habitual en Huy, na cima do famoso Muro de Huy.

2015 << La Flèche Wallonne 2016 >> 2017
Percorrido da edición.
196 km
Gañador España Alejandro Valverde
Segundo Francia Julian Alaphilippe
Terceiro Daniel Martin

Esta foi a segunda das Clásicas das Ardenas da tempada despois da Amstel Gold Race e antes da Liexa-Bastogne-Liexa. Tamén foi a décimo segunda carreira do UCI WorldTour 2016.

O gañador foi por terceira vez seguida e cuarta no seu palmarés (batendo así o récord de vitorias da carreira) o español do Movistar Team Alejandro Valverde que se impuxo no sprint final ao mozo francés do Etixx-Quick Step Julian Alaphilippe, que rematou na segunda posción por segunda vez consecutiva, e ao compañeiro do francés Daniel Martin.

Percorrido editar

 
Perfil dos últimos 29km coa Côte d'Ereffe, a Côte de Cherave e o Muro de Huy.

O trazado foi lixeiramente cambiado con respecto á edición anterior. Os trocos máis visibles foron o cambio da saída a Marche-en-Famenne e o remplazameto da Côte des 36 Tournants por dous ascensos á Côte de Solieres. En total, a carreira incluíu doce muros, contando as tres subidas ao Muro de Huy.

Equipos editar

Na competición participaron 25 equipos: 18 do UCI WorldTour e 7 da categoría Profesional Continental. Comezaron un total de 199 ciclistas (8 por equipo, menos o Sky con 7). Destes 199 acabaron 163.

UCI WorldTour editar

Equipo País Código
AG2R La Mondiale   Francia ALM
Astana   Casaquistán AST
BMC Racing Team   Estados Unidos BMC
Cannondale   Estados Unidos CPT
Dimension Data   Suráfrica DDD
Etixx-Quick Step   Bélxica EQS
FDJ   Francia FDJ
Giant-Alpecin   Alemaña TGA
IAM Cycling   Suíza IAM
Team Katusha   Rusia KAT
Lampre-Merida   Italia LAM
LottoNL-Jumbo   Países Baixos TLJ
Lotto-Soudal   Bélxica LTS
Movistar Team   España MOV
Orica-GreenEDGE   Australia OGE
Team Sky   Reino Unido SKY
Tinkoff   Rusia TNK
Trek-Segafredo   Estados Unidos TFS

Profesional Continental editar

Equipo País Código
Cofidis   Francia COF
Delko–Marseille Provence KTM   Francia DMP
Fortuneo-Vital Concept   Francia FVC
Stölting Service Group   Alemaña SSG
Roompot–Oranje Peloton   Países Baixos ROP
Topsport Vlaanderen-Baloise   Bélxica VSB
Wanty-Groupe Gobert   Bélxica WGG

Clasificación editar

Pos Ciclista Equipo Tempo
  Alejandro Valverde   Movistar Team 4 h 43' 57"
  Julian Alaphilippe Etixx-Quick Step m.t.
  Daniel Martin Etixx-Quick Step + 4"
  Wout Poels Team Sky + 5"
  Enrico Gasparotto Wanty-Group Gobert m.t.
  Samuel Sánchez BMC Racing Team m.t.
  Michael Albasini Orica-GreenEDGE m.t.
  Diego Ulissi Lampre-Merida m.t.
  Warren Barguil Team Giant-Alpecin m.t.
10º   Rui Costa   Lampre-Merida m.t.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar