Karl Bartsch
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2015.) |
Karl Friedrich Bartsch, nado en Sprottau en 1832 e finado en Heidelberg en 1888, foi un filólogo alemán.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (de) Karl Friedrich Adolf Konrad Bartsch 25 de febreiro de 1832 Szprotawa (pt) |
Morte | 19 de febreiro de 1888 (55 anos) Heidelberg |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Prusia |
Educación | Universidade de Rostock (pt) Universidade de Halle-Wittenberg (pt) Universidade Humboldt de Berlín Universidade de Heidelberg Universidade de Breslau |
Actividade | |
Campo de traballo | Filoloxía |
Lugar de traballo | Rostock Heidelberg |
Ocupación | filólogo , profesor universitario |
Empregador | Universidade de Heidelberg Universidade de Rostock (pt) |
Membro de | |
Lingua | Lingua alemá |
Traxectoria editar
Logo de rematar os seus estudos na Universidade de Breslau instalouse en Berlín, discípulo de Wilhelm Grimm viaxa a Francia e Inglaterra para estudar manuscritos en occitano. Foi conservador do Museo Xermánico de Nuremberg (1855), profesor de filoloxía na Universidade de Rostock (1858) e Heidelberg (1871).
Traduciu A Divina Comedia ao alemán, fixo unha edición crítica dos Nibelungenlied e escribiu entre outras obras Denkmäler der provenzalischen Litteratur (1856), Chrestomathie de l'ancien français (1866) e Grundriss zur Geschichte der provenzalischen Literatur (Bases para a historia da literatura provenzal) (1872).