Joseph Heller
escritor estadounidense
Joseph Heller, nado en Brooklyn, Nova York o 1 de maio de 1923, finado o 12 de decembro de 1999, é un escritor estadounidense.
Traxectoria editar
Estudou na Universidade de Nova York. Fíxose famoso coa súa primeira novela Catch-22 en 1961, onde realizou unha crítica á ética militar norteamericana coincidindo coa Guerra de Vietnam. O heroe (ou antiheroe) desta novela é o aviador Yossarian, quen pretende alegar demencia para escapar do servizo militar, contestándolle as autoridades que pretender non levar a cabo misións aéreas é sinal de saúde mental.
Obras editar
Novelas editar
- Catch-22, 1961.
- Something happened, 1974.
- Good as gold, 1979.
- God knows, 1984.
- Poetics, 1987.
- Picture This, 1988.
- Closing time, 1994