José Ramón Rioboo

político español

José Ramón Rioboo Castro, nado en Culleredo en 1972, é un comunicador, empresario e político español do Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE que exerce como alcalde do municipio de Culleredo desde o 7 de novembro de 2017.

Infotaula de personaJosé Ramón Rioboo

Rioboo en 2019.
Biografía
Nacemento1972 Editar o valor em Wikidata (51/52 anos)
Culleredo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Aos 19 anos, a principios da década de 1990, cando cursaba estudos de maxisterio, Rioboo decidiu alternalos con colaboracións en Radio Culleredo. En 1994 foi nomeado director de Radio Culleredo, converténdose así no director máis novo das emisoras de radio de España. Baixo a súa dirección, a emisora alcanzou as maiores cotas de audiencia e programación.[Cómpre referencia] Neste intervalo foi colaborador de Radio Galega durante catro anos e do xornal El Ideal Gallego. En 2005 dimitiu da dirección de Radio Culleredo e do seu posto como traballador do Concello de Culleredo para facerse cargo da empresa de comunicación que fundara en 1998 e que xa editaba o xornal El Entorno Metropolitano.[Cómpre referencia]

Vinculado ó ideario de centro esquerda, estivo sempre moi preto de Sacristán, o seu referente político máis próximo estando afiliado ó PSOE desde 1991 até o 2005 cando por discrepancias internas decide fundar a Agrupación Progresista de Culleredo coa que concorrerá ós comicios locais de 2007 e 2011.[1]

Agrupación Progresista de Culleredo editar

En xaneiro de 2006, a Agrupación Progresista de Culleredo presentouse de maneira oficial ante os medios, e mostrou a súa intención de converter ao seu candidato, José Ramón Rioboo, no novo alcalde do municipio.[2] Rioboo abandonou a dirección de El Entorno Metropolitano en xuño dese mesmo ano, un dos xornais gratuítos de maior difusión de Galicia, para encabezar o citado partido político.[3][4] Con este partido concorreu ás eleccións municipais de 2007 e 2011 conseguindo 4 e 5 concelleiros e situándose como a segunda forza política tralo PSOE con 8 edís. En 2013 reintégranse novamente no Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE.[5]

O 9 de novembro de 2017 Rioboo foi nomeado alcalde de Culleredo, sucedendo así a Julio Sacristán, que un mes antes anunciaba o seu abandono da política despois de 34 anos en activo.[6] Rioboo foi o elixido a petición do alcalde saínte, e despois de ser referendado por unanimidade no seo do grupo municipal socialista.[1] Os eixos do seu programa pasan polo desenvolvemento sustentable de Culleredo co obxectivo de converterse no principal municipio da área metropolitana da Coruña.[7]

En xuño de 2018, en plena crise migratoria en Europa, Rioboo ofreceu ó Goberno de España a súa "dispoñibilidade total" a acoller inmigrantes do buque MV Aquarius no marco do seu plan municipal de emerxencia social.[8][9]


Predecesor:
Julio Sacristán
  
Alcalde de Culleredo
 
26 de outubro de 2017 - Actualidade
Sucesor:
no cargo

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Torreiro, Juan (26 de outubro de 2017). "Sacristán elige a Rioboo, que será alcalde gracias al apoyo de En Marea". La Voz de Galicia. Consultado o 9 de setembro de 2018. 
  2. "José Ramón Rioboo presenta su candidatura a la alcaldía". La Voz de Galicia. 27 de xaneiro de 2006. Consultado o 9 de setembro de 2018. 
  3. "RIOBOO CASTRO JOSE RAMON: Cargos y vinculaciones". Consultado o 10 de setembro de 2018. 
  4. Balcarce, Luis (10 de maio de 2007). "«Existe un pacto de silencio en el PSdeG para no hablar de Alvedro»". Periodista Digital. Consultado o 9 de setembro de 2018. 
  5. Vázquez, Sara (8 de novembro de 2017). "Rioboo, elegido nuevo alcalde de Culleredo". La Opinión A Coruña. Consultado o 10 de setembro de 2018. 
  6. Bravo, Isabel (7 de novembro de 2017). "Riobóo ya sustituye a Sacristán en la alcaldía de Culleredo". Radio Coruña Cadena SER. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 9 de setembro de 2018. 
  7. Torreiro, Juan (27 de xaneiro de 2018). "José Ramón Rioboo: «Creo y apuesto por la marca Culleredo»". La Voz de Galicia. Consultado o 10 de setembro de 2018. 
  8. "A Coruña y Culleredo se ofrecen para acoger a refugiados del buque 'Aquarius'". La Opinión A Coruña. 12 de xuño de 2018. Consultado o 10 de setembro de 2018. 
  9. "Culleredo ofrece al Gobierno su “total disponibilidad” para acoger a migrantes del Aquarius con su plan municipal sobre emergencia social". El Noticiero de Arteixo. 13 de xuño de 2018. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 10 de setembro de 2018.