John Martin Maher, nado o 31 de outubro de 1963, é un músico, compositor e cantante inglés. Marr deuse a coñecer como a guitarrista e co-compositor da banda The Smiths, que estivo activa entre 1982 e 1987. Dende entón actuou en numerosas banda e comezou unha carreira como artista en solitario.

Infotaula de personaJohnny Marr

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) John Martin Maher Editar o valor em Wikidata
31 de outubro de 1963 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Manchester, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónThe Manchester College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónguitarrista , compositor de cancións , produtor musical , cantante , poeta , músico Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1977 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorUniversity of Salford (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
The Cribs (2008–2011)
The The (pt) Traducir (1988–1994)
The Smiths (–1987)
Modest Mouse
Johnny Marr & the Healers (pt) Traducir
Electronic (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoRock alternativo, indie pop, indie rock, Jangle pop e dance alternativo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioJohnny Marr Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoRough Trade Records Editar o valor em Wikidata
Participou en
2019Rock en Seine (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webjohnny-marr.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0549995 Twitter: Johnny_Marr MySpace: johnnymarrofficial Spotify: 2bA2YuQk2ID3PWNXUhQrWS Last fm: Johnny+Marr Musicbrainz: ff621094-2a76-401f-8398-b75b5fd2be24 Songkick: 947846 Discogs: 37120 Allmusic: mn0000202899 Genius: Johnny-marr Editar o valor em Wikidata

Nado en Ardwick, Manchester, de pais irlandeses, Marr formou a súa primeira banda con 13 anos. Tocou en varios grupos con Andy Rourke antes de formar The Smiths con Morrissey en 1982. The Smiths conseguiu un importante éxito comercial e foi aclamada pola crítica, sendo o estilo jangle pop da guitarra de Marr un elemento distintivo do son da banda, pero separouse en 1987 debido a diferenzas persoais entre Marr e Morrissey. Dende entón, Marr foi membro de The Pretenders, The The, Electronic, Modest Mouse, e The Cribs, e converteuse nun prolífico músico de sesión, traballando con artistas como Talking Heads e Hans Zimmer.

Despois de publicar un álbum titulado Boomslang en 2003 baixo o nome Johnny Marr and the Healers, Marr editou o seu primeiro álbum en solitario, The Messenger, en 2013. O seu segundo traballo en solitario, Playland, lanzouse en 2014, seguido por un terceiro, Call the Comet, en 2018. A autobiografía de Marr, Set the Boy Free, foi publicada no ano 2016.

Fotada o cuarto mellor guitarrista dos últimos 30 anos nunha enquisa realizada pola BBC en 2010,[1] Phil Alexander, editor xefe de Mojo, describiu a Marr como "posiblemente o último gran estilista da guitarra británico".[2] En 2013, NME honrou a Marr co seu premio "Godlike Genius", dicindo: "non contento con reescribir a historia da música cunha das mellores bandas do mundo, The Smiths, continúa a empuxar os límites e a evolucionar a través da súa carreira, traballando con algúns dos mellores e máis excitantes artistas do planeta".[3]

Notas editar

  1. BBC. "BBC - 6Music News - Chilis star wins Axe Factor". www.bbc.co.uk (en inglés). Consultado o 2020-03-30. 
  2. Revista Mojo. Febreiro de 2013. Número 231.
  3. "Johnny Marr receives top NME award". BBC News (en inglés). 2013-02-11. Consultado o 2020-03-30.