O jangle pop é un xénero de rock alternativo de principios-mediados dos anos 80 que "marcou un regreso ás guitarras repicantes ou tintinantes e melodías pop dos anos 60", como por exemplo as de The Byrds, con guitarras eléctricas de doce cordas e estruturas sinxelas de cancións inspiradas polo power pop. A mediados dos 80 o jangle pop, personificado en bandas como The Smiths, era un formato baseado no pop "non-mainstream" con algúns matices folk rock. Entre 1983 e 1987, o termo jangle pop foi usado nos Estados Unidos para describir a grupos como R.E.M., Let's Active e Tom Petty ademais de a un subxénero chamado "Paisley Underground", que incorporaba influencias psicodélicas.[1] No Reino Unido aplicouse á nova fornada de bandas con guitarras melódicas crúas recollidas no recompilatorios da revista NME C86 (e posteriormente CD86).

Jangle pop
Orixe musicalpost-punk, folk rock, power pop, rock and roll, pop rock
Orixe culturalcomezos dos 80 nos Estados Unidos e o Reino Unido
Instrumentos típicosguitarra, baixo, batería, voces
DerivadosPaisley Underground

Historia editar

Orixes editar

En 1964, o uso do son "jangle" por parte de The Beatles nos temas "A Hard Day's Night", "What You're Doing", "Ticket to Ride" e a súa versión da canción de Buddy Holly "Words of Love" animou a moitos artistas a usar este son ou a mercar unha guitarra Rickenbacker de doce cordas. The Byrds comezaron a usar guitarras semellantes despois de velos tocar na película A Hard Day's Night. Outros grupos como The Who (nos seus primeiros anos "mod"), The Beach Boys, The Hollies e Paul Revere & the Raiders continuaron o uso das Rickenbackers de doce cordas. The Byrds, cun estilo que tamén foi referido como folk rock, situaron nun lugar destacado as guitarras de Roger McGuinn en moitas das súas gravacións.

A derivación etimolóxica do termo "jangle" é incerta. Este pode derivar da letra "In the jingle jangle morning, I'll come following you" da versión de The Byrds do tema de Bob Dylan "Mr. Tambourine Man", ou pode ser unha onomatopea que se refire ao son repicante dunha Rickenbacker de doce cordas no seus rexistros máis agudos. O jangle pop está relacionado co power pop desenvolvido nos 60, e que incluía a bandas como Raspberries e Big Star, que difuminaron a liña entre os dous estilos.

Anos 80 editar

O jangle pop comezou como un movemento post-punk estadounidense na primeira metade da década dos 80, marcando un regreso ás guitarras repicantes e melodías pop dos 60. En 1979 o grupo de Athens, Georgia Pylon estreouse cun son jangle pop que influenciaría a outros membros da escena musical da cidades, como R.E.M.[2]

Na cidade de Nova York nese mesmo período o termo jangle pop podería terse usado para describir ao folk rock máis convencional de Willie Nile, The Smithereens ou The Floor Models,[3] todos os cales tiñan orixes nos clubs de Greenwich Village como The Bitter End, Folk City e Kenny's Castaways, ao igual que moitos artistas significativos de folk-rock da costa leste dos 60. The Smithereens e The Floor Models en particular usaron estensivamente varis modelos de guitarras eléctricas Rickenbacker de doce cordas, ademais da máia rara Hagström de doce cordas.[4]

O son do jangle pop era "esencialmente un formato baseado no pop" con "algúns matices folk-rock". AllMusic afirma que era música non-mainstream con letras "deliberadamente crípticas" e unha produción DIY "crua e amater". Entre 1983 e 1987, bandas sureñas de pop como R.E.M. e Let's Active e un subxénero chamado Paisley Underground incorporaron influencias psicodélicas. Un artigo na revista Blogcritics afirma que ademais de R.E.M., a "... única outra banda de jangle pop en conseguir grandes vendas nos Estados Unidos foron The Bangles, de Los Angeles. Aínda que máis coñecida polos seus brillantes éxitos como 'Manic Monday', os seu primeiro álbum e EP foron esforzos orgánicos e reais de jangle pop ao estilo de Byrds/Big Star, especiados cun toque de psicodelia na súa estrea".

O jangle pop influenciou ao college rock durante os primeiros 80,[5] como se pode comprobar nos primeiros traballos de R.E.M., 10,000 Maniacs, Let's Active, The dB's, The Feelies, Guadalcanal Diary, Game Theory, The Connells, Marshall Crenshaw e The Beat Farmers. En Austin, Texas, o termo "New Sincerity" foi vagamente usado para un grupo de bandas semellante, liderado por The Reivers, Wild Seeds e True Believers.

No Reino Unido, The Smiths, Felt e Aztec Camera poden ser considerados como parte do jangle pop, como tamén poden selo as bandas da escena C86/CD86. O grupo australiano The Church tamén pode considerarse un exemplo do xénero. No Canadá cara finais dos 80 grupos como The Tragically Hip e Barenaked Ladies teñen elementos de jangle nos seus primeiros traballos.

Notas editar

  1. Allmusic (ed.). "Jangle pop en Allmusic". Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  2. Allmusic (ed.). "Biografía de Pylon". Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  3. Powerpop.blogspot.com (ed.). "The Floor Models". Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  4. hagstrom.org.uk (ed.). "Hagström de doce cordas". Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  5. Radio Sparx (ed.). "Jangle Pop". Consultado o 11 de marzo de 2016.