Joaquín Vaquero Palacios

Joaquín Vaquero Palacios, nado en Oviedo o 9 de xuño en 1900 e finado en Madrid o 28 de outubro de 1998, foi un arquitecto e pintor asturiano.

Infotaula de personaJoaquín Vaquero Palacios
Biografía
Nacemento9 de xuño de 1900 Editar o valor en Wikidata
Oviedo, España Editar o valor en Wikidata
Morte28 de outubro de 1998 Editar o valor en Wikidata (98 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Politécnica de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Italia (1950–1966) Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónarquitecto , pintor Editar o valor en Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosJoaquín Vaquero Turcios Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1061291 Dialnet: 139146
Encoro de Grandas de Salime, obra na que colaborou Vaquero Palcios.

Traxectoria

editar

Viviu a súa infancia na capital asturiana. En 1921 ingresa na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, e antes de terminar a carreira conta xa con exposicións individuais en París e Nova York. Unha vez graduado como arquitecto incorpórase ao estudio que o seu cuñado, Francisco Casariego, tiña en Oviedo.

Durante un tempo (1950 - 1965) vive en Roma traballando na Academia Española de Belas Artes, da que chegaría a ser director, adicándose por un tempo á pintura. En 1969 foi nomeado membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando.

Como pintor, os temas que máis trataba eran a paisaxe e a arquitectura de lugares de Castela e Asturias, así como arquitecturas antigas e exóticas (ruínas romanas, pirámides de Exipto, poboados de indios americanos). Cando pintaba figuras humanas, estas presentábanse integradas na grandiosidade da paisaxe. Ceo, terra e mar, adquiren unha grande importancia na súa obra.

O seu fillo, Joaquín Vaquero Turcios, tamén é artista (pintor, escultor e arquitecto).

Obras destacadas

editar
  • Encoro e Central de Grandas de Salime (Asturias), 1954.
  • Edificio do Instituto Nacional de Previsión en Oviedo.
  • Sede da empresa Hidrocantábrica en Oviedo.
  • Colexio Maior América en Oviedo.
  • Fábrica de Gas en Oviedo.
  • Pavillón Español na Bienal de Venecia de 1952.

En Galiza

editar

A Vaquero Palacios débeselle a autoría do Mercado de Abastos de Santiago de Compostela, executado entre os anos 1937 e 1942.

Premios e recoñecementos

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar