A Jeanneke Pis (expresión en neerlandés que en galego significa "nena que ouriña") é unha singular estatua e fonte de bronce de arredor de 50 centímetros de altura, situada no centro histórico de Bruxelas, Bélxica.[1]

Jeanneke Pis
A estatua-fonte Jeanneke Pis
Presentación
Nome localJeanneke-Pis
Localización Bruxelas
Rexión de Bruxelas
Bélxica Bélxica
DirecciónEntre os números 10 e 12 da calella da Fidelidade (impasse de la Fidélité/Getrouwheidsgang)
CoordenadasCoordenadas: 50°50′55″N 4°21′15″L / 50.848611, 4.354167
TipoEstatua de bronce e fonte
Construción
Data da construción1985
Remate1987
Dimensións
AlturaArredor de 50 cm
Equipo
EscultorDenis-Adrien Debouvrie
web oficial

A estatua representa unha nena pequena con coletas, espida e de crequenas, con faciana burleira, ouriñando dentro da cunca da fonte. Considérase como o homólogo feminino do Manneken Pis.[2]

Está situada entre os números 10 e 12 da calella da Fidelidade (impasse de la Fidélité/Getrouwheidsgang) da capital belga, que dá á rúa dos Carniceiros (rúe des Bouchers / Beenhouwersstraat), preto da Grand-Place.[3]

A súa historia editar

A estatua foi realizada en 1985 por Denis Adrien Debouvrie, que era tamén o propietario de varios restaurantes no barrio bruxelés do Illot Sacré, e foi inaugurada en 1987.[4][5]

O seu significado editar

O restaurador quixo restablecer a igualdade entre home e muller ao encargar a estatua, compensando así a existencia do Manneken Pis.

No entanto, para o público acabou por simbolizar tamén a fidelidade, e é tradicional botar moedas nas cuncas da fonte, en proba da lealdade pola persoa amada.[6]

Notas editar

  1. "Manneken Pis". En Eupedia. Guide de Bruxelles (en francés)
  2. "A Family of Pissing Statues: Manneken Pis, Jeanneke Pis and Zinneke Pis". En Wander The Map (en inglés)
  3. "Jeanneke Pis, la niña meona de Bruselas". En Buendía Tours (en castelán)
  4. "Jeanneke la mal aimée". En Métro. 20 de abril de 2011. P 11 (en francés)
  5. "King of Belgian restaurants murdered Arquivado 11 de decembro de 2018 en Wayback Machine.". En Expatica, 11 de setembro de 2008 (en inglés)
  6. "Jeanneke Pis". En Bruselas.net (en castelán)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar