Iyasu II ou Xosué (ge'ez ኢያሱ), nado o 21 de outubro de 1723 e finado o 27 de xuño de 1755) foi nəgusä nägäst (nome real Alem Sagad, ge'ez ዓለም ሰገድ ʿAläm Sägäd, "ante quen o mundo inclínase") (19 de setembro de 1730 – 27 de xuño de 1755) de Etiopía, e membro da rama Gondar da dinastía solomónica.[1][2] Foi o fillo de emperador Bakaffa e a emperatriz Mentewab (tamén coñecida polo seu nome de bateo Welete Giyorgis).

Infotaula de personaIyasu II

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de outubro de 1723 Editar o valor em Wikidata
Morte27 de xuño de 1755 Editar o valor em Wikidata (31 anos)
Emperador de Etiopía
19 de setembro de 1730 – 27 de xuño de 1755
← Bakaffa (en) TraducirIyoas I (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaDinastía salomónica Editar o valor em Wikidata
FillosIyoas I (en) Traducir, Hezqeyas (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisBakaffa (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Mentewab (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

A emperatriz Mentewab xogou un papel importante no reinado de Iyasu, quizais sen querelo. Pouco despois de que fose proclamado emperador, un rival atacou o pazo real durante oito días, só deixando a capital Gondar cando un exército de 30000 homes de Gojjam apareceu. A pesar de que os rebeldes fracason en penetrar as súas murallas, mesmo así moito de Gondar ficou en ruínas.[3] En vez de tomar o título de rexente na sucesión do seu fillo menor de idade, a emperatriz Mentewab coroouse co-gobernante, devindo a primeira muller en ser coroada deste xeito na historia etíope. Mentewab tivo unha autoridade significativa durante o reinado do seu fillo e no do seu neto tamén.

Reinado editar

Durante o reinado de Iyasu II, un franciscano checo, Remedius Prutky, visitou o seu reino e mantivo conversacións con el sobre relixión e política europea. Malia que el e os seus dous compañeiros eran populares debido ás súas habilidades médicas, após un ano pediron a Prutky e aos seus compañeiros católicos que marchasen debido a queixas do clero local.

Malia o consello de Mentewab, Iyasu foi un monarca ineficaz. De acordo con Paul Henze, Iyasu "caeu baixo críticas por dedicar moito tempo ao pracer (encantáballe a caza) e por gastar moitos recursos en embelecer a capital, pagando traballadores estranxeiros e importando bens suntuarios, ornamentos e espellos de Europa."[4] Prutky, pola outra banda, culpaba dos ingresos restrinxidos de Iyasu as accións da súa nai Mentewab: "Como o novo emperador Jasu tiña só oito anos de idade

cando ascendeu ao trono, a súa nai a raíña, dividiu as provincias entre os principais ministros de maneira que, na época da miña estada alí, o emperador, entón de máis de trinta anos de idade, veu o seu tesouro diminuído e apenas suficiente para os seus gastos ordinarios." Prutky engade que durante o ano que estivo en Etiopía (1752), o emperador entrou nunha loita coa súa propi irmá polos ingresos de Gojjam.[5]

Nun intento de gañar o respecto dos seus súbditos, o emperador Iyasu envolveuse nunha campaña contra o Reino de Sennar, que rematou cunha derrota na Batalla do río Dindar, en 1738; unha icona de Cristo e unha peza da Verdadeira Cruz levada para a batalla foron capturadas e tiveron que ser rescatadas por 8.000 onzas de ouro.[6] Esta derrota decisiva acabou con calquera esperanza de Iyasu de probarse competente en asuntos militares; como Donald Levine escribe: "A posterior conquista de Lasta, unha rexión rebelde por xeracións, e as incursións de Iyasu contra tribos da provincia de Atbara non foron suficientes para redimilo da derrota ou restaurar a forza de Gondar."

Durante o seu reinado dous invasións de lagostas aflixiu o país, e unha epidemia levou a vida de miles de persoas. Cando Abuna Krestodolos morreu, a tesouraría non tiña diñeiro para pagar por un novo abuna (primado da Igrexa etíope). Segundo Edward Ullendorff, a súa autoridade "pouco se estendía alén de Begemder e Gojjam; Shoa e Lasta recoñecían só unha lealdade formal, mentres que no Tigrai o longo reinado do poderoso Ras Mika'el comezara." 

O emperador Iyasu tamén resentíuse profundamente pola relación romántica da súa nai cun membro novo da familia Imperial. A emperatriz Mentewab involucrouse con outro Iyasu, fillo da súa anterior cuñada Romanework, a que era tamén irmá do anterior emperador Bakaffa, e do lado do seu pai descendía da liña masculina doutra liña dun fillo menor da dinastía solomónica. A relación de Mentewab sun sobriño moito máis novo do seu anterior marido foi considerada un grande escándalo, e o novo príncipe burleiramente era chamado "Melmal Iyasu" ou "Iyasu o Mantido". A emperatriz tivo tres fillas deste Melmal Iyasu, unha das cales foi a fermosa Woizero Aster Iyasu que tomou Ras Mikael Sehul, en 1769, como o seu terceiro marido. O emperador Iyasu chegou a ser moi unido coas súas medio-irmás, mais tiña un profundo resentimento co pai delas. Dise que foi o emperador quen ordenou o asasinato do amante da súa nai, quen morreu empuxado dun cantil preto do lago Tana en 1742.[9]

Morte editar

Iyasu caeu gravemente enfermo en maio de 1755, e morreu o mes seguinte. Xeralmente creuse que fora envelenado pola irmá de Melmal Iyasu, en vinganza pola morte do seu irmán. Cando a emperatriz Mentewab procurou fondos da tesouraría para o seu funeral, só atopou uns cantos dinars. Entristecida por esta situación, ameazou con retirarse ao convento do seu pazo en Qusquam, mais un grupo de nobres persuadiuna para que fose rexente do seu neto Iyoas I.[10]

Referencias editar

  1. 12 Teqemt 7216 Year of the World.
  2. Richard Pankhurst, "An Eighteenth Century Ethiopian Dynastic Marriage Contract between Empress Mentewwab of Gondar and Ras Mika'el Sehul of Tegre," in Bulletin of the School of Oriental and African Studies, 1979, p. 458.
  3. Donald N. Levine, Wax and Gold: Tradition and Innovation in Ethiopian Culture (Chicago: University Press, 1965), p. 24.
  4. Paul B. Henze, Layers of Time (New York: Palgrave, 2000), p. 106
  5. Prutky's Travels, p. 306
  6. E. A. Wallis Budge, A History of Ethiopia: Nubia and Abyssinia, 1928 (Oosterhout, the Netherlands: Anthropological Publications, 1970), pp. 454f.
  7. Levine, Wax and Gold, p. 24
  8. Edward Ullendorff, The Ethiopians: An Introduction to Country and People, second edition (London: Oxford Press, 1965), p. 81
  9. Tekle Tsadik Mekuria, Ye Ityopia Tarik Ke Atse Libne Dingil iske Atse Tewodros ("History of Ethiopia from Emperor Lebna Dengel to Emperor Tewodros") (Birhanena Selam Printing Press)
  10. The Royal Chronicle of his reign is translated in part by Richard K. P. Pankhurst, The Ethiopian Royal Chronicles (Addis Ababa: Oxford University Press, 1967).