Fasil Ghebi

A cidadela de Fasil Ghebi na cidade etíope de Gondar, é un recinto real amurallado do século XVII dende onde os emperadores de Etiopía reinaron o imperio. En 1979, foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco xunto con outros monumentos da cidade e proximidades. Fasil Ghebi é un exemplo dun estilo particular de arquitectura, chamado estilo de Gondar, no que, sobre unha base local árabe integráronse as influencias do estilo barroco europeo, introducido polos misioneiros portugueses, e as técnicas arquitectónicas indias da cocción do cal, achegadas polos mestres construtores chegados de Goa.

Fasil Ghebi
ET Gondar asv2018-02 img05 Fasil Ghebbi.jpg
Vista do palacio de Fasilidas
Fasil Ghebi en Etiopía
Fasil Ghebi
Fasil Ghebi
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísEtiopía Etiopía
Localización12°36′24.9″N 37°27′58.2″L / 12.606917, -37.466167
TipoCultural
CriteriosII, III
Inscrición1979 (3ª sesión)
Rexión da UNESCOÁfrica
Identificador19
Castelo de Fasilides.

O recinto real de Fasil Ghebi está rodeado por unha muralla de novecentos metros de lonxitude, con doce portas e dúas pontes. No seu interior agrúpanse varios edificios históricos:

  • O castelo de Fasilides, edificio de base rectangular flanqueado nas esquinas por catro torreóns redondos rematados por pequenas cúpulas, que constitúe a obra cume do estilo de Gondar
  • O castelo do emperador Iyasu, o edificio máis alto de Gondar, construído entre 1682 e 1706
  • A chancelaría e a biblioteca de Tzadich Yohannes, dous pavillóns anexos ao castelo de Fasilides
  • O salón de banquetes
  • A tumba do cabalo do rei Fasilides
  • Tres igrexas, entre as que destaca a capela de San Antonio, con pinturas murais
  • Cortes

Ademais de Fasil Ghebi, tamén se incluíron no Patrimonio Mundial:

  • A abadía de Debre Berhan Selassie, coa súa igrexa circular decorada con pinturas, a 1200 m ao nordeste de Fasil Ghebi
  • Os baños de Fasilides, un palacio de varios pisos nun estanque dentro dun extenso terreo de recreo, onde anualmente se celebra a cerimonia de bendición do baño, a 1500 m ao noroeste
  • A igrexa de Kuddus Yohannes, a 1500 m ao oeste
  • O complexo de Qusquam, construído pola Emperatriz Mentuab no século XVIII, a 3000 m ao noroeste, que inclúe unha igrexa redonda e o palacio de Mentuab, construído entre 1730 e 1755, que recorda ao Renacemento europeo
  • O mosteiro de Mariam Ghemb, chamado Socinios
  • O palacio de Guzara

A pesar do terremoto de 1704, da guerra civil do século XIX, da decadencia da cidade ao perder a capitalidade do imperio, e dalgunhas desafortunadas reconstrucións realizadas polos italianos durante a segunda guerra mundial, o estado de conservación dos edificios é bastante bo.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar