Igrexa de San Sadurniño de Pamplona

A igrexa de San Saturnino, máis comunmente chamada de San Cernin (en francés), é un edificio relixioso católico na Zona Vella da cidade de Pamplona, en Navarra. Está declarada Ben de Interese Cultural.

Igrexa de San Sadurniño de Pamplona
PaísEspaña
Coordenadas42°49′05″N 1°38′42″O / 42.8181888, -1.6449228Coordenadas: 42°49′05″N 1°38′42″O / 42.8181888, -1.6449228
DioceseArquidiocese de Pamplona e Tudela
Estiloarquitectura románica
Páxina webhttp://iglesiasansaturnino.com/
editar datos en Wikidata ]

A actual igrexa é gótica do século XIII. Non obstante, existiron na mesma localización unha igrexa primitiva e outra románica (século XII). Na Idade Media, cumpriu unha dobre función: relixiosa e defensiva. Pamplona, naquela época estaba dividida en tres burgos independentes, e esta igrexa era a parroquia do burgo de San Cernin, habitado principalmente por franceses. Estes burgos achábanse continuamente en loita, polo que as torres da igrexa estaban coroadas con ameas defensivas que perduraron ata o século XVIII.

Ademais das súas torres, destaca o pórtico, decorado con belos talles góticos como as de Santiago peregrino ou San Sadurniño, e o interior, gótico de nave única moi ampla con bóveda sexpartita, cabeceira poligonal, capelas entre contrafortes e un coro elevado, e unha gran capela barroca pegada, onde ata o século XVII estivo o claustro. Esta capela está dedicada á Virxe do Camiño, señora da cidade, e é de estilo barroco.

As badaladas da súa torre marcan o inicio dos Sanfermines.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar