A filatelia é o estudo dos selos de correos e das marcas postais. Isto inclúe o deseño, a produción e o uso dos selos despois de que sexan emitidos polas autoridades postais.

Penny Black, o primeiro selo (1840)

Características editar

No I Congreso Internacional de Filatelia (Barcelona, 1960) definiuse á filatelia como ciencia auxiliar da historia. Aínda que é xeral darlle o nome de filatelia ó coleccionismo de selos esa é unha actividade diferente, aínda que relacionada, coñecida como coleccionismo de selos.

A palabra filatelia, na súa forma francesa, atribúeselle a Georges Herpin na revista Le Collectioneur de timbres-postes, Vol. 1, 15 de novembro de 1864. Está formada polas palabras gregas philos (amigo) e ateleia (franqueado). Existiron formas alternativas como timbroloxía, timbrofilia, timbromanía, amebotelia ou erinofilia que non chegaron a facerse populares. A orixe da filatelia está na observación de que nun monllo de selos, todos do mesmo tipo, existen diversas clases de filigranas de papel, diversas marcas de auga no papel, variacións de da cor, diversas perforacións, e outras clases de diferenzas. A comparación cos expedientes de autoridades postais pode ou non demostrar que as variacións eran intencionadas, o que conduce á investigación adicional en canto a como os cambios poderían suceder, e o porqué.

Organizacións editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar