American Philatelic Society

A American Philatelic Society (APS) é a federación filatélica dos Estados Unidos, a máis grande das asociacións filatélicas do mundo con 44.000 membros (2005) en 110 países, incluíndo comerciantes filatélicos e 700 clubs locais, ademais 200 sociedades especializadas están afiliadas á APS. A súa sede tradicional estivo en Bellefonte, Pensilvania aínda que recentemente a trasladou a State College, Pensilvania.

Sede da APS

Historia editar

A APS fundouse o 13 de setembro de 1886 en Nova York co nome de American Philatelic Association, o seu primeiro presidente foi John K. Tiffany e representaba a uns 400 filatelistas membros da APS. En 1897 cambiou o seu nome polo actual primeiro durante uns poucos meses en 1897 e permanentemente en 1908. En 1940 tiña 4.000 membros entre eles o presidente dos Estados Unidos Franklin Delano Roosevelt e o seu secretario do Interior Harold L. Ickes. A APS é o representante dos Estados Unidos na Federation Internationale de Philatelie desde 1947.

Servizos editar

  • The American Philatelist - revista mensual
  • StampStore - compra online de selos
  • circuíto de venda por correo
  • American Philatelic Research Library, a biblioteca da APS
  • seguro para coleccións de selos
  • American Philatelic Expertizing Service, servizo de experterización filatélico
  • acreditación de xuíces para exhibicións filatélicas.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar