Fernando San Emeterio
Fernando San Emeterio Lara, nado o 1 de xaneiro de 1984 en Santander, é un ex xogador español de baloncesto profesional. Mide 1.99 metros e xogaba nas posicións de escolta e ala. Actualmente é adestrador asistente do Valencia Basket.
Valencia Basket | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 1 de xaneiro de 1984 (40 anos) Santander, España |
Altura | 1,99 m (6 ft 6.5 in) |
Peso oficial | 105 kg (232 lb) |
Cargo | Adestrador asistente |
Información da carreira | |
Carreira | 2001−2021 |
Historial de equipos | |
Valladolid (2001–2006) Girona (2006–2008) Saski Baskonia (2008–2015) Valencia (2015–2021) | |
Premios e galardóns | |
MVP da Liga ACB (2011) |
Traxectoria profesional editar
San Emeterio comezou a xogar coma profesional no CB Valladolid na tempada 2001-02. En 2006, fichou polo Akasvayu Girona, e dous anos despois polo Saski Baskonia. No Baskonia, foi elixido coma o mellor xogador da tempada da Liga ACB na tempada 2010-11.[1] En 2011, ampliou o seu contrato co Baskonia por catro tempadas máis. O 30 de xuño de 2015, San Emeterio deixou o equipo tras sete tempadas.[2]
O 8 de xullo de 2015, San Emeterio asinou un contrato de dous anos co Valencia BC.[3]
O 1 de xullo de 2021, San Emeterio anunciou a súa retirada coma xogador de baloncesto profesional.[4]
Notas editar
- ↑ "Fernando San Emeterio, MVP Orange 2010–11". Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2013. Consultado o 17 de xullo de 2015.
- ↑ "Fernando San Emeterio, Baskonia part ways". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2015. Consultado o 17 de xullo de 2015.
- ↑ "Valencia officially lands Fernando San Emeterio until 2017". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2015. Consultado o 17 de xullo de 2015.
- ↑ Fernando San Emeterio anuncia su retirada