FIBA EuroCup Challenge

A FIBA EuroCup Challenge, chamada inicialmente Copa de Campións da FIBA, Copa de Europa da FIBA (ou Copa da FIBA Europa) como complemento da daquela Liga Europea da FIBA (ou Liga da FIBA Europa), foi a segunda competición en importancia organizada pola FIBA Europa. Foi a cuarta competición de clubs en importancia do continente.

FIBA EuroCup Challenge
Fundación2002
Desaparición2007
Rexión Europa
ConfederaciónFIBA Europa
Equipos16
AscensoEuroChallenge
LemaWe Are Basketball
Sitio webfibaeurope.com

Ademais do trofeo en si, o premio extra para os seus finalistas era o dereito a participar na seguinte edición da FIBA EuroCup.

Sistema de competición editar

A competición organizábase do seguinte xeito:

  • Unha primeira fase na que participaban 16 equipos, que se distribuían en catro grupos de catro equipos cada un. Xogábase en forma de liguiña, de tal xeito que tódolos participantes encadrados nun mesmo grupo se enfrontaban entre si en dúas ocasións (ida e volta). Os dous primeiros clasificados de cada grupo avanzaban á seguinte fase.
  • Uns play offs a ida e volta de cuartos de final, semifinais e final.

Durante as dúas primeiras edicións da competición, os equipos agrupábanse en conferencias segundo criterios xeográficos e o título decidíase nunha Final Four paneuropea que organizaba un dos clubs clasificados.

Final Fours editar

Temporada Sede Partido pola medalla de ouro Partido pola medalla de bronce
Ouro Resultado Prata Bronce Resultado Cuarto posto
2002–03   Tesalónica  
Aris
84–83  
Trefl Sopot
 
BK Ventspils
91–90
(OT)
 
KK Hemofarm
2003–04   Esmirna  
Mitteldeutscher BC
84–68  
JDA Dijon
 
Tuborg Pilsener
94–53  
Dinamo Moscow Region
2004–05   Ploieşti  
CSU Asesoft Ploiești
75–74  
Lokomotiv Rostov
 
Dinamo Moscova
79–45  
Banvit
2005–06   Yuzhny
  Perm
 
Ural Great Perm
80–67
74–80
 
Khimik Yuzhny
 
Olympia Larissa
 
Lappeenranta
2006–07   Strovolos
  Samara
 
CSK VVS Samara
83–85
101–81
 
Keravnos
 
Apollon
 
Dnipro

Palmarés editar

Clubs editar

Equipo Título Ano
  Aris Tesalónica 1 2002-03
  Mitteldeutscher 1 2003-04
  Ploiesti 1 2004-05
  Ural Great Perm 1 2005-06
  CSK VVS Samara 1 2006-07

Adestradores editar

Adestrador Título Ano
  Vangelis Alexandris 1 2002-03
  Henrik Dettmann 1 2003-04
  Mladen Jojić 1 2004-05
  Sharon Drucker 1 2005-06
  Valeri Tikhonenko 1 2006-07

Véxase tamén editar

Ligazóns editar