Enid Blyton (nada en East Dulwich (Londres) o 11 de agosto de 1897 e finada en Hampstead o 28 de novembro de 1968, foi unha escritora inglesa de literatura infantil e xuvenil tamén coñecida como Mary Pollock.

Infotaula de personaEnid Blyton

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Enid Mary Blyton Editar o valor em Wikidata
11 de agosto de 1897
East Dulwich, Londres, Inglaterra
Morte28 de novembro de 1968 (71 anos)
Hampstead, Londres, Inglaterra
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Alzhéimer Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaGolders Green Crematorium (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónIpswich High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía, pedagoxía, actividade literaria, literatura científica (pt) Traducir e literatura infantil e xuvenil Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritora , escritora de literatura infantil , guionista , mestra , novelista , poeta , mestra Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1922 Editar o valor em Wikidata - 28 de novembro de 1968 Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoAventura, Misterio, Fantasía
Pseudónimo literarioMary Pollock Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeHugh Alexander Pollock (1924–42)
Kenneth Fraser Darrell Waters (1943–67)
FillosGillian Baverstock
 () Hugh Alexander Pollock
Imogen Smallwood (en) Traducir
 () Hugh Alexander Pollock Editar o valor em Wikidata

Páxina webenidblytonsociety.co.uk Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0090067 Allocine: 128899 Allmovie: p315999
Musicbrainz: 8060e859-1f5d-4912-a998-9f7aacc0d448 Discogs: 431056 Allmusic: mn0001531828 WikiTree: Blyton-7 Find a Grave: 6821180 Editar o valor em Wikidata

É coñecida por numerosas series de libros baseados en personaxes recorrentes e deseñados para diferentes grupos de idade. Os seus libros gozaron de grande éxito en moitas partes do mundo, e venderon máis de 600 millóns de copias.[1]

Un dos personaxes máis coñecidos de Blyton é Noddy, destinado aos lectores máis novos. Con todo, o seu traballo principal é o xénero de novelas para lectores mozos, no que os nenos teñen as súas propias aventuras coa mínima axuda dos adultos. Unha serie deste tipo son The Famous Five (21 novelas, 1942-1963, baseadas en catro nenos e o seu can) ou Five Find-Outers, (15 novelas, 1943-1961, onde cinco nenos regularmente burlan o policía local), así como The Secret Seven (15 novelas, 1949-1963, unha sociedade de sete nenos que resolven varios misterios).

O seu traballo consiste en contos infantís de aventuras e fantasía, ás veces con maxia. Os seus libros foron e seguen sendo enormemente populares en toda a Mancomunidade Británica de Nacións e en case todo o mundo. A súa obra foi traducida a case 90 idiomas.

A produción literaria de Blyton foi de máis de 800 libros en aproximadamente 40 anos. Chorion Limited de Londres é agora a propietaria e manexa as propiedades intelectuais e marcas dos personaxes de Blyton como Noddy e a coñecida serie The Famous Five.

Traxectoria editar

Blyton naceu no número 354 de Lordship Lane, East Dulwich (Londres), filla máis vella de Thomas Carey Blyton (1870-1920), un vendedor de artigos de coitelaría, e a súa esposa, María Teresa Harrison Blyton (1874-1950). Tivo dous irmáns máis novos, Hanly (1899-1983) e Carey (1902-1976), que naceron logo de que a familia se trasladase á localidade próxima de Beckenham na Avenida Oakwood.

De 1907 a 1915, Blyton foi educada na escola de San Cristóbal (St. Christopher's School) en Beckenham.

 
Antiga casa de Enid Blyton "Old Thatch" (Palla Vella), preto de Bourne End, Buckinghamshire, Inglaterra.

Blyton era unha pianista de talento, pero abandonou os seus estudos musicais cando se formou como profesora na escola secundaria de Ipswich.

Ela ensinou durante cinco anos en Bickley, Surbiton e Chessington, e escribía no seu tempo libre. O seu primeiro libro, Child Whispers, unha colección de poemas, foi publicado en 1922.

O 28 de agosto de 1924 Blyton casou co Maior do exército británico Hugh Alexander Pollock, DSO (1888-1971), un heroe de guerra e alcohólico depresivo que traballaba co seu editor George Newnes. A parella trasladouse a Bourne End, Buckinghamshire (Peterswood nos seus libros).[2] Co tempo mudáronse a unha casa en Beaconsfield, chamada Green Hedges ("Sebes Verdes"), por decisión dos seus lectores, logo dun concurso no Sunny Histories. Tiveron dous fillos: Gillian Mary Baverstock (15 de xullo de 1931 - 24 de xuño de 2007) e Imogen Mary Smallwood (nada o 27 de outubro de 1935).

A mediados de década de 1930 Blyton experimentou unha crise espiritual, Enid sentiu desexos de converterse á fe católica, pero desistiu por mor das renuncias que tería que facer na súa vida. A pesar diso deu ás súas fillas unha educación relixiosa, foron bautizadas na fe anglicana e foron á escola dominical.

Desde a súa morte en 1968 e a publicación da autobiografía da súa filla Imogen, A Childhood at Green Hedges, Blyton aparece como unha persoa inestable emocionalmente e a miúdo maliciosa. En 1939 o seu matrimonio con Pollock atopábase en dificultades, e ela comezou unha serie de romances. En 1941 coñeceu a Kenneth Fraser Darrell Waters, un cirurxián de Londres, con quen comezou unha relación. Durante o seu divorcio, Blyton chantaxeou o maior Pollock acusándoo de ter toda a culpa do fracaso do matrimonio, sabendo que a exposición do seu adulterio podería arruinar a súa imaxe pública. Ela prometeu que se el admitía os cargos de infidelidade, lle permitiría un acceso ilimitado ás súas fillas. Con todo, despois do divorcio, Pollock tivo prohibido pórse en contacto coas súas fillas, e Blyton asegurouse de que non volvese atopar traballo en ningunha editorial posteriormente. Volveu beber en exceso e viuse obrigado a solicitar a bancarrota.

Blyton e o doutor Darrell Waters casaron na oficina de Rexistro da Cidade de Westminster o 20 de outubro de 1943, e posteriormente cambiaron o apelido das súas dúas fillas a Darrel Waters. Pollock tamén volveu casar despois. O segundo matrimonio de Blyton era moi feliz e, polo que a súa imaxe pública se refire, adaptouse sen problemas ao seu papel como esposa dun médico abnegado, vivindo con el e as súas dúas fillas en Green Hedges.

O marido de Blyton morreu en 1967. Durante os meses seguintes, ela enfermou cada vez máis. Enferma de alzhéimer, Blyton foi trasladada a unha clínica de repouso tres meses antes da súa morte. Morreu no Greenways Nursing Home, Londres, o 28 de novembro de 1968, á idade de 71 anos e foi incinerada no Golders Green Crematorium, onde quedaron as súas cinzas.

A casa de Blyton, Green Hedges, foi vendida en 1971 e demolida en 1973. A área onde unha vez estivo Green Hedges agora está ocupada por casas e unha rúa que se chama Blyton Close. A súa filla Imogen dixo: "A verdade é que Enid Blyton era arrogante, insegura, pretenciosa, moi hábil en pór as cousas difíciles ou desagradables, e sen un chisco de instinto maternal. Cando era nena, eu víaa como unha autoridade bastante estrita, como adulta dábame mágoa".[3] A filla máis vella, Gillian, non tiña o mesmo punto de vista cara á nai, e a biografía de Imogen de Blyton contén un prólogo de Gillian no sentido de que os seus recordos da infancia con Enid Blyton foron principalmente felices.

 
Placa azul na súa casa en East Dulwich.

Obras con máis éxito editar

Misterio e aventura editar

Internados editar

Outros editar

Outras obras editar

Blyton escribiu centos doutros libros para nenos pequenos e maiores: novelas, coleccións de contos e algunhas obras de non ficción. Tamén encheu un gran número de páxinas da revista, Sunny Stories, que era inmensamente popular entre os nenos máis pequenos.

Ela usou o pseudónimo Mary Pollock nuns cantos títulos (o segundo nome máis o apelido de casada). Os últimos volumes da súa serie máis famosa foron publicados en 1963. Moitos dos libros apareceron despois, pero eran principalmente libros de contos feitos de traballos reciclados.

Blyton tamén escribiu numerosos libros sobre a natureza e temas bíblicos.

Obxecto editar

Os libros de Blyton divídense xeralmente en tres tipos. Un que involucra nenos ordinarios en situacións extraordinarias, aventuras, a resolución de crimes, ou doutro tipo que se atopan en circunstancias infrecuentes. Algúns exemplos son a The Famous Five, The Secret Seven ou The Adventure Series.

O segundo tipo e máis convencional son as historias de internados, que teñen unha maior énfase na vida do día a día na escola. Este é o mundo das festas a media noite, as bromas, e a interacción social dos distintos tipos de caracteres. Exemplos deste tipo son as historias nas Malory Towers e a serie St. Clare's.

O terceiro tipo é o fantástico. Os nenos adoitan ser transportados a un mundo máxico no que se reúnen fadas, trasnos, elfos, ou outras criaturas de fantasía. En moitos dos seus contos, os xoguetes cobran vida cando os seres humanos non están cerca.

Controversias e revisións editar

Blyton ten un status como un autora de éxito, a pesar da desaprobación das súas obras, desde diversas perspectivas, que levaron a cambios nas reimpresións dos libros e a retiradas ou "prohibicións" nas bibliotecas. Na década de 1990, Chorion, os propietarios das obras de Blyton, reeditaron os seus libros para eliminar pasaxes que se consideraron racistas ou sexistas.[4]

"Prohibicións" editar

Informouse con frecuencia (na década de 1950 e tamén na década de 1980) que varias bibliotecas infantís eliminaran algunhas das obras de Blyton dos seus estantes. A historia destas "prohibicións" de Blyton son confusas. Ás veces alegouse a mala calidade literaria, outras afirmaban que o seu vocabulario era demasiado limitado, que presentaba unha visión demasiado optimista do mundo e ata suxestións de que os libros do pequeno Noddy era "sospeitosos" de ser un mal exemplo para os nenos porque ás veces choraba cando se sentía frustrado e era politicamente incorrecto.

Non hai evidencia de que a popularidade dos seus libros se resentise algunha vez por isto. Ela foi defendida por populares xornalistas e outra xente, pero nunha enquisa de 2003 Blyton figura como a cuarta persoa máis malvada detrás de Adolf Hitler, Pol Pot e Xenxis Kan e por diante de Idi Amin considerado menos desprezable no quinto lugar. Pero a verdade é que ela non estaba interesada nas opinións dos críticos maiores de 12 anos.[5]

En novembro de 2009 revelouse na prensa británica que a BBC prohibiu a dramatización dos libros de Blyton na radio desde 1930 ata a década de 1950.

Actitudes datadas e reimpresións alteradas editar

Os libros son unha representación do seu tempo, sobre todo os títulos publicados na década de 1950. Presentan o sistema de clases do Reino Unido é dicir, "inculto" fronte a "decente".[6] Moitos dos libros de nenos de Blyton reflicten estereotipos negativos con respecto ao xénero, á raza e á clase.

Un exemplo deste tipo de material con data podería ser a alteración da expresión "black as a nigger with soot" (negro como un negro con feluxe) que aparece en Five Go Off to Camp.[7][8] Nese momento, "Negro" era o termo estándar formal e "Nigger", un coloquialismo despectivo relativamente común. Este é un dos cambios máis evidentes de alteración nas reimpresións modernas, xunto coa substitución dos Golliwogs por osos de peluche ou trasgos. Algúns destes cambios das editoriais debidos ás actitudes contemporáneas cos estereotipos raciais foron criticados por algúns que o ven como a manipulación dunha peza importante da historia da literatura infantil. O libro de Druce mostra o caso de The Little Black Doll (que quería ser de cor rosa), que se converteu en obxectivo de reimpresión. Tamén se quitaron en deferencia ás modernas actitudes éticas moitas referencias casuais aos escravos e aos castigos corporais - En The Faraway Tree Dame Slap (Dona labazada) cambiouse a Dame Snap (Dona estalo) e varias referencias aos personaxes en Malory Towers e St. Clare's a expresión "ser azoutado" cambiouse a "ser regañado". As actitudes de Blyton foron obxecto de críticas durante a súa vida laboral; un editor rexeitou unha historia dela en 1960, por ter unha visión negativa literaria dela, pero tamén dicindo que "Hai un toque débil, pero pouco atractivo da antiga xenofobia na actitude da autora ante os ladróns, eles son "estranxeiros" ... e isto parece ser considerado como suficiente para explicar os seus crimes".[9]

Do mesmo xeito, suxeriuse que as representacións de nenos e nenas nos seus libros eran sexistas. Por exemplo, en 2005, nun artigo en The Guardian.[10] Suxería que "The Famous Five" representan unha loita de poder entre Julian, Dick e George (Georgina), cos personaxes femininos xa sexa actuando como nenos ou por seren dominadas. Aínda que os problemas son máis subxectivos que con algunhas das cuestións raciais, suxeriuse que unha nova edición dos libros abordase estas cuestións a través de cambios, o que deu lugar á nostalxia polos libros e a súa falta de corrección política.[11] Nos libros dos Secret Seven, as nenas están excluídas deliberadamente de tarefas tales como a investigación dos viláns e dos agochos - en Go Ahead, Secret Seven, dise directamente "Por suposto que non", dixo Peter, soando moi crecido, de súpeto, "Explorar esa cova de carbón é un traballo de homes".[12] Nos Famous Five isto é menos frecuente, pero en Five on a Hike Together, Julián dá ordes similares a George: "Podes parecer un mozo e comportarte como un mozo, pero es unha moza. E gústenos ou non, as nenas teñen que ser coidadas".[13]

Cine editar

A historia da vida de Blyton converteuse nunha película da BBC en 2009 con Helena Bonham Carter no papel protagonista. A filmación comezou en marzo de 2009 e emitiuse por primeira vez no Reino Unido na BBC Four o 16 de novembro de 2009, seguido dun documental sobre Enid Blyton. Matthew Macfadyen e Denis Lawson interpretaron o primeiro marido de Blyton, Hugh Pollock, e o segundo marido de Blyton, Kenneth Darrell Waters, respectivamente.[14]

Estatísticas editar

 
Un estante cheo de reimpresións de Enid Blyton.
  • Os libros de Blyton venderon máis de 600 millóns de copias.[15]
  • Na década de 2000 aínda estaba no Top Ten dos autores, vendeu 7 910 758 copias por valor de 31,2 millóns de libras no Reino Unido.[16]
  • Máis dun millón de libros de The Famous Five véndense en todo o mundo cada ano.[Cómpre referencia]
  • Os seus libros foron traducidos a máis de 90 idiomas diferentes.[Cómpre referencia]
  • The Magic Faraway Tree foi votado no nº 66 na Big Read da BBC.[17]
  • Na "2008 Costa Book Awards", Enid Blyton foi votada como a autora máis querida, por diante de Roald Dahl, J. K. Rowling e Shakespeare.[18][19]
  • Acredita 753 títulos durante unha carreira de 45 anos cunha media de 16 títulos publicados ao ano.[Cómpre referencia]

Notas editar

  1. "Index Translationum Statistics". Index Translationum. UNESCO. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2012. Consultado o 12 de xullo de 2007.  Este índice contén títulos en todas as linguas traducidas. Os cinco primeiros son Walt Disney Productions, Agatha Christie, Jules Verne, Shakespeare e Enid Blyton, e os cinco seguintes: Vladimir Lenin, Dame Barbara Cartland, Danielle Steel, Hans Christian Andersen e Stephen King
  2. "Old Thatch Gardens". Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2011. Consultado o 21 de maio de 2011. 
  3. Brandreth, Gyles (31 de marzo de 2002). "Unhappy Families". The Age (Melbourne). Consultado o 29 de marzo de 2010. 
  4. Geoghegan, Tom, The mystery of Enid Blyton's revival, BBC News Magazine, 5 September 2008
  5. The Mystery of Enid Blyton[Ligazón morta]
  6. Druce () "The system of middle-class values (and of automatic value-judgements entailed by such a system) which Blyton presents is simple enough." (p. 222) "In Blyton, an indifference to dirt, grease, foul smells and untidiness is a defining characteristic of the working class." (p. 225)
  7. "Bibsbooks.co.uk". Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2008. Consultado o 25 de febreiro de 2012. 
  8. EndidBlyton.net
  9. When Blyton fell out of the good books – smh.com.au
  10. "The Famous Five – in their own words", Lucy Mangan, The Guardian, 22 de decembro de 2005 Guardian.co.uk
  11. Row faster, George! The PC meddlers are chasing us! – Daily Mail
  12. Blyton, Enid; Go Ahead, Secret Seven; Knight Books;(1953)
  13. Enid Blyton – Five On a Hike Together
  14. "Digital Spy: BBC producing Enid Blyton film". Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2009. Consultado o 25 de febreiro de 2012. 
  15. ABD.net.au[Ligazón morta]
  16. MacArthur, Brian (22 de decembro de 2009). "Bestselling authors of the decade". The Daily Telegraph (Londres). Consultado o 20 de maio de 2011. 
  17. The BBC's Big Read BBC - The Big Read abril de 2003, consultado o 9 de decembro de 2008
  18. News.BBC.co.uk
  19. "CostaBookAwards.com". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2011. Consultado o 25 de febreiro de 2012. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Enid Blyton (1952) The Story of My Life
  • Barbara Stoney (1974) Enid Blyton, 1992 The Enid Blyton Biography, Hodder, Londres ISBN 0-340-58348-7 (paperback) ISBN 0-340-16514-6
  • Mason Willey (1993) Enid Blyton: A Bibliography of First Editions and Other Collectible Books ISBN 0-9521284-0-3
  • S. G. Ray (1982) The Blyton Phenomenon
  • Bob Mullan (1987) The Enid Blyton Story
  • George Greenfield (1998) Enid Blyton
  • Robert Druce (1992) This Day Our Daily Fictions: An Enquiry into the Multi-Million Bestseller Status of Enid Blyton and Ian Fleming

Ligazóns externas editar