Cordilleira Transversal

A Cordilleira Transversal (en catalán: Serralada Transversal) é a formación montañosa de Cataluña que se estende dende os Pireneos ata as Cordilleiras Costeiras Catalás.

Unidades morfoestruturais de Cataluña:
     Pireneo      Prepireneo      Depresión Central      Pequenas estribacións na Depresión Central      Cordilleira Transversal      Cordilleira Prelitoral      Cordilleira Litoral      Depresións litoral e prelitoral e outras chairas costeiras

Está nos puntos de confluencia entre o Prepireneo, a cordilleira Prelitoral e a depresión central.

Caracterízase pola actividade volcánica localizada na chaira de Olot e o seu ámbito, con conos volcánicos como os de Santa Margarida e o Croscat, e correntes de lava como a masa basáltica de Castellfollit de la Roca. Destacan os picos de Puigsacalm (1515 m), Cabrera (1312 m), Pla d'Aiats (1.306 m) e el Far (1123 m).

Véxase tamén editar